Temas: XUNTA XACOBEO

A Sociedade Anónima do Xacobeo será reestruturada para modificar a súa xestión de cara o 2021

O goberno galego busca a coordinación e unificación de diferentes áeras de traballo do organismo público para "sentar as bases" do Ano Santo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 21:18

Comparte esta noticia

A Xunta reorganiza a SA de Xestión do Plan Xacobeo de face ao 2021, cunha reestruturación dos seus órganos directivos e funcións, o que inclúe unha "reorientación" da figura do director-xerente, cargo que leva desempeñando desde 2014 Rafael Sánchez Bargiela, a quen a Consellería de Cultura agradécelle o seu labor. Nun comunicado, o Goberno galego apunta que se busca a "coordinación e unificación" de diferentes tarefas deste organismo para "sentar as bases" da celebración do Ano Santo.

Así, remarca que hai unha creación da comisión organizadora, con presenza de diversos departamentos da Xunta, outras institucións públicas e a Igrexa. Así mesmo, constitúese un comisariado. A reestruturación leva a cabo por acordo do Consello de Administración de Xestión do Plan Xacobeo, que ten previsto a súa convocatoria en próximas datas.

A cuncha, símbolo do Xacobeo
A cuncha, símbolo do Xacobeo

Temas: XUNTA XACOBEO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta