Ourense será a primeira cidade galega co servizo de historia social única electrónica

Cada usuario de servizos sociais contará cun documento no que se recollan todas as valoracións e informacións ao respecto do proceso de intervención

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2019 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

Ourense será a primeira cidade galega en adherirse ao convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a Consellería de Política Social da Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para implantar a historia social única electrónica (HSUE).

Diso informou o Concello de Ourense, que concreta que esta ferramenta recolle un conxunto de información e documentos en formato electrónico que conteñen os datos, as valoracións e as informacións sobre a situación e a evolución da atención social das persoas usuarias dos servizos sociais ao longo do seu proceso de intervención.

Así mesmo, identificará os servizos ou prestacións e aos profesionais que interviñeron sobre estas persoas, os cales poderán dispor dunha visión global e integrada de toda a información social dos usuarios, así como das ferramentas para explotar e analizar esa información co obxectivo de aplicalas na prevención.

Este historial deberá ser único por persoa usuaria do sistema galego de servizos sociais e deberá conter a información necesaria para documentar os procesos de intervención social. A apertura da HSUE realizarase, segundo avanzou o ente local, nos servizos sociais comunitarios de primeiro nivel.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, destacou que "é un deber" da administración "adaptar as novas tecnoloxías da información e da comunicación" co fin de "poder optimizar os recursos, tamén a nivel asistencial".

Ourense aposta por informatizar o historial social dos usuarios deste tipo de servizos
Ourense aposta por informatizar o historial social dos usuarios deste tipo de servizos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta