Temas: VERIN ENTROIDO

Verín empeza a ‘correr o Entroido’

Este domingo celebrase en Verín o tradicional Domingo de Corredoiro.

Por X.M. Fernández | Verín | 24/02/2019 | Actualizada ás 10:25

Comparte esta noticia

A partir das 11:30 horas, o son de chocas alagará as rúas de Verín coa popular concentración de Cigarróns na Praza do Concello. Como é tradición, os fregueses serán recibidos á saída das igrexas RR.PP Mercedarios e Parroquial polos cigarróns.

Fregueses. Fonte: Concello de Verín
Fregueses. Fonte: Concello de Verín

Ás 13:30 horas, terá lugar na Praza Maior o Pregón do Entroido, que este ano correrá a cargo do mítico entroideiro verinés Manolo “Cazoleiro”.

As charangas Támega e Vakapinta, a Discomobil Gramola e a orquestra Trébol  marcarán o ritmo durante toda a xornada.

Todo o programa do Entroido de Verín aquí.

Pregón de Entroido. Fonte: Prensa Concello de Verín
Pregón de Entroido. Fonte: Prensa Concello de Verín
Temas: VERIN ENTROIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta