Tempos Novos presenta nova versión dixital

O Grupo Editorial Atlántica de Comunicación e Información de Galicia S.A. presenta o seu novo portal dixital cunha liña editorial "progresista e galeguista".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 27/10/2011 | Actualizada ás 01:28

Comparte esta noticia

Este grupo, que edita a revista mensual Tempos Novos, estreará nova web este xoves, temposdixital.com, tras una temporada de ausencia na rede.
Esta nova etapa web, que funcionará como unha revista dixital, estará coordinada polos xornalista Paulo Carlos López e Denís Fernández, baixo a dirección de Luis Álvarez Pousa, e nela tamén escribirá Comba Campoy.

Tempos Dixital será un "complemento" da revista, pero terá contidos propios para chegar a un "público máis amplo", xa que o lector medio de Tempos Novos soe ser unha persoa formada, de máis de 35 anos e con estudos superiores. Por iso, nesta nova etapa dixital pretendese achegar este medio a un público máis novo e universitario.

"Xornalismo de interpretación"

O seu estilo será coherente co da revista. "Será un xornalismo de interpretación e análise da actualidade e do día a día", comenta a GC, Denís Fernández. Para iso tentarán actualizar a web periódicamente, "con, polo menos, tres novas en profundidade á semana".  Ademais, na web tamén se publicarán os contidos da versión escrita.

O dixital afondará na liña editorial "progresista e galeguista", contará con novos articulistas, entre os que se atopan Duarte Romero, Xurxo González ou Arturo Losada, e unha sección de deportes. Fran Martínez encargarase da sección de Opinión e Sara Torreiro, de Cultura e Sociedade. Tempos Dixital tamén prestará especial atención ao uso das redes sociais para chegar a máis xente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 16 comentarios

3 6matriuska

Hoje de 19:00 a 22:00 no Museo do Povo Galego, nom é?.

2 Bruno V

Parabéns!!, tentarei estar si a filha mo permite. ANIMO!

1 Cidre

Parabéns. Unha palada máis de abono para esta nosa árbore chamada Galicia.