A Xunta rexeita apoiar a ordenanza do galego de Lugo argumentando que é un tema local

Olalla Rodil di que se bota "en falta un pronunciamento da Xunta" "ante grupúsculos extremistas que queren atacar por terra, mar e aire" o galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2019 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asegurou que a Xunta "acata sentenzas", en relación á emitida polo Tribunal Supremo que invalida varios puntos da ordenanza do galego do concello de Lugo, tras a denuncia de 'Galicia Bilingüe', e opta por centrar na administración local a "competencia" de recorrela.

No transcurso da Comisión de Educación celebrada no Parlamento de Galicia, cuestionado sobre a sentenza pola deputada do BNG Olalla Rodil, Valentín García asegurou que "a Xunta non interpreta as sentenzas" e que a ordenanza é "de ámbito local".

Por tanto, sostén que a "competencia lle corresponde á entidad local que a promoveu", de modo que está "en mans" do Concello a "defensa da ordenanza ou poder recorrer á sentenza".

Calquera outro posicionamento da Xunta sería, ao seu xuízo, "unha intromisión" por parte do goberno galego. "Se non se está de acordo corresponde a Lugo o recurso ao Tribunal Constitucional e por iso non nos manifestamos sobre a manifestación convocada con toda a lexitimidade do mundo", en referencia á protesta convocada precisamente este mércores na cidade.

O Concello de Lugo xa anunciou en días pasados que estuda recorrer ante o Constitucional a sentenza do Tribunal Supremo pola que se confirma a anulación de varios preceptos dunha ordenanza municipal sobre o uso do galego, que levou á xustiza a entón asociación Galicia Bilingüe agora integrada en Hablamos Español.

Na Comisión, a deputada nacionalista Olalla Rodil reclamoulle que se bota "en falta un pronunciamento da Xunta" "ante grupúsculos extremistas que queren atacar por terra, mar e aire" o galego.

O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García
O Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta