Vox ataca a Casado por permitir as oposicións da Xunta na que se pide coñecer o galego

"Di unha cousa en Cataluña e outra en Galicia", afea o líder de Vox ao PP.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 08/03/2019 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

O líder do Vox, Santiago Abascal, arremeteu este venres contra o presidente do PP, Pablo Casado, por "permitir" ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lanzar unha oferta de emprego público no que se require dominar o idioma galego.

"Casado di unha cousa en Cataluña e permítelle facer a Feijoó a contraria en Galicia. O PP é incapaz de soster a mesma posición durante dous minutos seguidos", criticou Abascal nun apuntamento no seu perfil en Twitter.

A mes e medio das eleccións xerais, o líder de Vox vaticina que isto ao PP vaille a custar votos. "Os españois apostarán o 28-A polo partido que teña unha mensaxe nacional e diga o mesmo en toda España", prognostica Abascal.

Este martes publicouse unha convocatoria das oposicións para cubrir 269 prazas no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Administración galega.

O concurso-oposición constará de dúas probas e unha terceira para evidenciar o coñecemento de lingua galega, e da que quedarán exentas de realizala aquelas persoas que acrediten contar co certificado Celga 3 ou equivalente. Todos estes exercicios serán eliminatorios ou obrigatorios.

O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162
O presidente de VOX, Santiago Abascal / www.flickr.com/photos/elentir/42286520162

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 O Lois

Habia que ver a este espantallo nun lume cando lle dixeran os viciños que baixara do outeiro e tornara do que prendera nas xestas e toxos do arró para que non pasara aos piñeiros porque as pinas poderian chegar ás polas dos carballos do Rego da Penela... .... este sería capaz de preguntar-lle a Siri...

6 Xesús Ateo Recalcitrante

Unha frase que lles gusta moito a eles: "Ladran; pues cabalgamos". Menuda banda de imbéciles e, sobre todo, ignorantes da realidade na que viven. Pódense xuntar coa inefable fora de contexto señora da antiga Galicia Bilingüe (que agora non sei como se chama). Falan, falan e falan e non din máis que barbaridades e mentiras para apoiar unha afirmacións que nada teñen que ver coa realidade. Non esquezamos que a mentira é unha das armas historicamente máis utilizadas polos partidarios do fascismo.

5 Responsabilidade

Por favor, deixar de facerlle publicidade a estes señores.

4 Álvaro "Cabana"

Ter o Celga 3 de galego equivale a dominar o castrapo. Unha veciña venezolana teno e non sabe dicir nin dúas palabras seguidas en galego. É patético. E a moitos funcionarios da Xunta/concellos fálaslles en galego e pasan del sin problema ningún, é máis, teño cursado escritos en galego e téñenmos revisado con mala cara e un aceno de "perdonavidas" acompañado do típico "esto del gallego normativo es de traca", "yo el gallego no lo domino", "¿eres de aquí?"... Podería seguir. VOX é o síntoma dunha doenza crónica en Galiza. O PP "galego" é un niño de desprezo ao noso, a todo o noso. Casado é un ninguén, perigoso pero por curto e mentiroso. O narcopresidente sabe o que fai e faino pensando en Madrid. Que Abascal vaia pastar, o inimigo témolo na casa e na mente. Descolonicémonos comezando co voto: contra o nacionalismo español, nacionalismo galego. Aquí, en Madrid e en Bruxelas.

3 uu1

O problema que tem o nosso personagem é de cumprimento da constituição. Exigir o conhecimento das duas línguas oficiais na Galiza não entra nos miolos dos uniformistas e centralistas.