“O estratexia de ligar a loita antifascista a grupos como Resistencia Galega é un síntoma do medo da ultradereita”

A Coordinadora Antifascista destaca que é un “espazo plural” que non está ligado a ningún partido nin organización política.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 11/03/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Coordinadora Antifascista Vigo / Pontevedra saíu ao paso das acusación que, especialmente, fixeron da formación de ultradereita Vox tras a agresión do seu coordinador en Pontevedra. Así, nun comunicado suliañron que o seu é un “espazo plural” que non está ligado a ningún partido nin organización política. 

Simpatizantes e militantes de Vox con bandeiras de España durante as eleccións en Andalucía
Simpatizantes e militantes de Vox con bandeiras de España durante as eleccións en Andalucía | Fonte: Cuatro

“Somos independentes, un espazo autoxestionado por persoas de distintas organizacións e distintas liñas políticas que traballan conxuntamente por crear unha ferramenta contra o fascismo nas nosas cidades”, indica.

Así, destaca que a estratexia de ligar a loita antifascista a grupos como Resistencia Galega “é un síntoma do medo da ultradereita ante a concienciación do pobo”. E aclara que o seu vínculo con Resistencia Galega “é nulo”. 

Esta entidade lembra que o pasado 9 de marzo, cando Vox se citava nas rúas de Pontevedra, a Coordinadora amosaba, “pacificamente, mediante un reparto de voandeiras a realidade das intencións deste partido, obtendo o apoio de moitos e moitas das transeúntes que por alí pasaban”. 

Neste sentido, destaca que as persoas integrantes da coordinadora foron identificadas nada máis chegar á praza, “colaborando cas forzas policiais en todo momento”. “Toda acusación contra a Coordinadora non é mais que un intento de criminalizar o antifascismo e unha mostra máis do populismo e da manipulación dos partidos coma Vox. Malia todo isto, seguiremos pulando pola luita contra o fascismo”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta