A Xunta expresa a súa "máis enérxica condena" polos asasinatos de mulleres de Valga e Sober

O Concello de Sober organiza unha concentración de repulsa pola morte orixinaria deste concello. Tamén o de Valga realizará unha concentración.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2019 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia mostrou a súa "máis enérxica condena" polo asasinato dunha muller en Valga (Pontevedra), que se investiga como un posible delito de violencia de xénero, así como polo asasinato en Madrid dunha muller orixinaria de Sober (Lugo).

O Goberno galego manifestou, a través dun comunicado de prensa, a súa "consternación" ante ambos os crimes e fixo un chamamento a toda a sociedade para que "se rebele" contra esta "repudiable secuela".

A Xunta anima ás persoas que "estean a ser vítimas de malos tratos a denunciar" para, subliña o Executivo autonómico, que así se "lles poida prestar a axuda necesaria para romper coa situación de violencia na que están inmersas".

Por iso, o Goberno galego lembra que as vítimas teñen á súa disposición o teléfono gratuíto 016, que non deixa pegada na factura telefónica.

A Xunta convocou ás 12,30 horas deste luns en Santiago unha concentración de condena polos crimes cometidos en Valga e Madrid, durante a que se gardará un minuto de silencio, fronte á porta de Presidencia do edificio administrativo de San Caetano.

Teléfono 016 contra a violencia de xénero
Teléfono 016 contra a violencia de xénero

Tamén o Concello de Sober convocou unha concentración de repulsa pola morte da muller orixinaria deste concello asasinada en Madrid.Tamén o Concello de Valga realizará unha sesión plenaria de urxencia e unha concentración este luns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta