Procuran a unión do comunismo independentista

O venres 18 de novembro preséntase en Pontevedra o Foro pola Unidade Comunista Galega. O seu obxectivo; "reorganizar aos comunistas galegos para crear unha organización unitaria".

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 06/11/2011 | Actualizada ás 01:23

Comparte esta noticia

O Centro Social Revira acollerá este acto, cuxa idea inicial naceu na cidade de  Vigo, partindo a iniciativa de persoas a títuo individual, do Ateneo Proletario Galego e do PCPG ( Partido Comunista do Povo Galego ). O seu obxectivo é unir a todas as persoas independentistas e socialistas con filiación política nalgunha organización ou sen ela co obxectivo de "construir un coletivo de debate e de reorganización dos/as comunistas galegas/os para posibilitar a criazón nun futuro dunha organización unitária"

"A iniciativa de foro de debate comunista de carácter unitario, aberto aos comunistas galegos e galegas, organizadas ou non, co fin de traballar en común polos intereses do Proletariado e polo Socialismo, tanto en Galiza como a nivel Internacional", aseguran nun comunicado remitido a GC.

None

"Clarificación científica"

A aspiración e obxectivos fundamentais do Foro de Unidade Comunista Galega son os de contribuír á "clarificación científica" do proletariado xa que este colectivo entende que sociedade actual tende "á confusión e división actual que debilita á nosa clase e ao propio movemento comunista". Tamén aposta pola coordinación dos esforzos das e dos comunistas galegos, "cara o fortalecemento dos movementos sociais e organizacións do proletariado no seo das súas loitas, e á construción da súa propia organización revolucionaria".

Polo tanto, nesa primeira xuntanza que terá lugar o día 11 de novembro, combinarase o debate, a crítica e autocrítica colectiva para chegar a unha "clarificación ideolóxica, coa acción política no seno do movemento obreiro e popular".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 44 comentarios

14 Ana Obregôm de Souza

E como se vai chamar? FUCOGA? Soa a empresa farmacéutica da Galiza.

13 Simpatizante

Moita sorte co proxecto e adiante con este magnífico traballo sen dúbida imprescidibel para construir a alternativa da clase obreira.

12 Esteban

Agradame a idea pero o comunismo como tal esta caduco, ahi que reinventalo,polo que creo que encasillartse no clacico comunismo e un erro.de todolos xeitos sorte ADIANTE

11 Quemaisdá

..Queria dicir, que haxa sorte e teñades moito éxito, amigos do Foro. É máis necesario que nunca. E tende presente que nesa tarefa ides ter moito inimigo de dios..

10 Quemaisdá

Hai que ver que maneira de descalificar e de intoxicar teñen algúns comentarios. Se hai varios ou moitos grupos comunistas, atacan por ese feito.., se toman unha iniciativa para superar esa situación e construir a unidade, entón "son a Fronte de Judea" ou "caben todos nun taxi" (trivializan e tentan ridiculizar sen mencionar de onde sacan o dato). Definitivamente hai trols e xente patética para todo. Que haxa sorte e teñades moito amigos