Sanidade di ter includo no plan de mellora de Atención Primaria o 80% das propostas de enfermaría e fisioterapeutas

Os representantes do Sergas reuníronse os pasados días 4 de marzo, co grupo de traballo de fisioterapia, e 11 de marzo, co grupo de traballo de enfermaría.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2019 | Actualizada ás 16:10

Comparte esta noticia

Os profesionais de enfermaría e fisioterapia que participaron nos grupos de traballo de mellora da Atención Primaria expresaron o seu respaldo ás propostas recollidas no documento do Plan de Mellora deste nivel asistencial, segundo explicou a Xunta. Así llo ratificaron á Consellería de Sanidade no marco das reunións que se están desenvolvendo para a conformación do novo plan. Sanidade, indicou a través dun comunicado, decidiu incluír o 85% das alegacións presentadas polo colectivo de fisioterapeutas e, no caso da enfermaría, incluíuse o 79% do total.

Os representantes do Sergas reuníronse os pasados días 4 de marzo, co grupo de traballo de fisioterapia, e 11 de marzo, co grupo de traballo de enfermaría. O obxectivo destes encontros foi a analizar as alegacións propostas por estes colectivos ao borrador do novo modelo de atención primaria.

Nestes grupos de traballo participan, ademais de representantes do Sergas, profesionais de centros de saúde e tamén representantes da Sociedade Galega de Fisioterapia (SOGAFI), do Colexio de Fisioterapia de Galicia (COFIGA), así como a Asociación Galega de Enfermaría de Atención Primaria (AGEFEC), entre outros. Ao estudo destas alegacións incorporáronse as realizadas polo propio Consello Galego de Enfermaría, que estivo desde o inicio do proxecto compartindo as reunións co grupo de traballo formado pola Consellería de Sanidade.

Todas as alegacións presentadas, indicou Sanidade, están na liña de redistribuír as competencias dos profesionais nos centros e atención primaria, co obxectivo de desenvolver un traballo en equipo baseado na complementariedade de actuacións en beneficio do paciente.

Manifestación sanidade Santiago de Compostela
Manifestación sanidade Santiago de Compostela | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta