Emilia Pardo Bazán, "unha muller expecional que rompeu moldes na súa época"

A escritora Isabel Burdiel presenta unha completa biografía da autora galega.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

A escritora Isabel Burdiel presentou a súa biografía sobre a autora e intelectual galega Emilia Pardo Bazán, un extenso estudo sobre unha personalidade "inquietante" e "complexa" dunha figura "que rompeu os moldes" propios da sociedade de finais do XIX e principios do XX.

O acto, que se celebrou no Consello da Cultura Galega (CCG), en Santiago de Compostela, contou, ademais de con a participación da autora, coas intervencións da directora da editorial Taurus, Elena Martínez, a presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e os profesores da Universidade de Santiago de Compostela José Manuel González Herrán, Ramón Máiz e Ramón Villares.

A autora do estudo explicou que traballou sobre "a gran cantidade de obras que había" en relación a Pardo Bazán --publicáronse varias biografías sobre a intelectual-- e engadiu que a súa achega foi de "carácter interpretativo". Así, detallou que, nun principio, trataba de encasillar á autora, e, só cando se deu conta de que non era posible, puido avanzar co traballo. Burdiel afirmou que foi un "reto" o "aprender sen escamotear nada" e tratar de "entender unha traxectoria moi plural".

Isabel Burdiel manifestou que Bazán foi unha "gran novelista e intelectual", e que a elaboración da biografía permitiulle exporse preguntas e introducirse no século XIX.

GRAN PERSONALIDADE

Os tres profesores da USC reflexionaron e ilustraron aos asistentes sobre o papel de Emilia Pardo Bazán desde diferentes perspectivas. José Manuel González puxo de relevo a "magnitude" da escritora, ao facer alusión ás biografías publicadas sobre a súa figura. Así as cousas, asegurou que a de Isabel Burdiel "é a máis solvente, unha biografía comprensiva, que entende e explica ao personaxe en todas as súas facetas e dimensións".

Pola súa banda, Ramón Máiz sinalou que é un libro sobre unha "muller excepcional", que "suscita reflexións e deixa vías abertas". "É unha auténtica xoia", insistiu. Máiz puxo en valor "a capacidade de contextualización dun personaxe que desafiou todos os canons da época", e lembrou a "dimensión intelectual" de Pardo Bazán e o seu "nacionalismo español, antirrepublicano, monárquico, católico e elitista", e o seu conflito con Manuel Murguía.

O historiador Ramón Villares destacou a "delicadeza, calidade e respecto coa que se trata a Emilia Pardo Bazán", unha biografía que permite "entender" á intelectual e unha figura que "rompe moldes como persoa e autora".

A editora, Elena Martínez, subliñou a traxectoria de Isabel Burdiel como biógrafa, e lembrou o seu traballo coa biografía de Isabel II. Sobre Pardo Bazán, dixo que se trataba dunha personaxe "fascinante e complexa", e aseverou que Burdiel foi "valente con este reto", cun "texto sensible e elegante", que "non perde o pulso narrativo", co que tanto ela como a autora pretenden conseguir que "sexa lea moito máis a Emilia Pardo Bazán".

Unha das cartas inéditas de Emilia Pardo Bazán na que se interesa pola moda do seu tempo
Unha das cartas inéditas de Emilia Pardo Bazán na que se interesa pola moda do seu tempo | Fonte: RAG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta