Chuvia de crítricas e mofas a Inés Arrimadas por atacar de novo o uso do galego na Administración galega

A líder de Ciudadanos en Cataluña retoma a estratexia de tentar despretixiar a Feijóo entre os votantes máis reaccionarios usando a lingua galega como vía de ataque.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/03/2019 | Actualizada ás 20:23

Comparte esta noticia

"El PP no solo ha pactado siempre con nacionalistas. También les sigue copiando". Con esta mensaxe na súa conta en Twitter, Inés Arrimadas (Ciudadanos) retomaba este venres a estratexia do seu partido dirixida a tentar roubar votos ao Partido Popular de Galicia a conta da lingua galega

Inés Arrimadas, Albert Rivera e José Manuel Villegas, de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017
Inés Arrimadas, Albert Rivera e José Manuel Villegas, de Ciudadanos, na manifestación unionista en Barcelona trala declaración de independencia de Cataluña proclamada no Parlament o 27 de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez

Arrimadas referíase ao feito de que a Xunta de Galicia manteña o galego como requisito indispensable á hora de acceder a un emprego na Administración Pública galega. Nesta carreira por ver quen atrae a máis potenciais votantes de ultradereita e do populismo —na que se atopan PP, Ciudadanos e Vox—, os laranxas pensan que a lingua pode ser unha boa escusa para apañar uns cantos votos máis a conta dos populares.

Galicia, e máis concretamente a política lingüística galega, converteuse nun dos temas favoritos dos candidatos de Ciudadanos e Vox na precampaña. Sabedores de que Feijóo é, até agora, o candidato máis seguro do PP en todo o Estado —avalado polas súas maiorías absolutas—, os laranxas e o partido ultradereitista que lidera Santiago Abascal tentan desde hai tempo desprestixiar a Feijóo publicamente entre os votantes máis reaccionarios, sempre pola mesma liña de ataque: a da lingua.

Este venres, Arrimadas deu un paso máis nesa estratexia. E chovéronlle as críticas... e as mofas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Galeguiña

Pois é un tema que se presta ao debate. As Administracións Públicas deben garantir a atención nas línguas rexionáis polo menos na escrita. Pero, alguén ten dereito a exisirlle a un funcionario que mude de língua? Coido que iso sería atentar contra a súa liberdade. A condición de funcionario non leve implícita unha merma de dereitos persoais e todos temos dereito á tan manida liberdade de expresión. Galego e Castelán son oficiáis e polo tanto legáis en calquera circunstancia. O tema paréceme pueril polo mero feito de que a práctica totalidade da poboación galega entende e fala coa suficiente competencia ámbalas dúas línguas oficiáis e, polo tanto, non hai problema ningún de comunicación. Pedirlle a alguén, funcionario ou cidadán que mude de língua polo mero feito do prurito identitario, é reacionario

1 Antinostrus

Ai que Modosiña te vexo hoxe Camándulagaleguiña (é o que tén ser da mesma estirpe de impostores que a Arrimadas)...e o Nostrus vexo que aínda non se ergueu, estando como está na paz do seu Cortello....claro, o teu Detector de Impopularidade está ao cento vinte por cen e hai que contemporizar...para a Semana saldras-nos dicindo que o de Esixir o Galego na Galiza (á par do Invasor Español) non é para tanto.....

2 Tiago G.

Ines Arrimadas contando as verdades do barquero

1 Pitito

O neno dos Peares acabara dandolle a razon, en rwlidade, xa da dou co decreto de extincion do galego