O "Berlusconi" de Quiroga

O alcalde Julio Álvarez expulsa aos concelleiros do BNG e do PSdeG nun pleno moi tenso no que non deu quendas de palabra e mesmo insultou. "Demagogo asqueroso" ou "inútil" foron algunhas das gabanzas que lles adicou á oposición. Video no interior.

Por Xurxo Salgado | Lugo | 09/11/2011 | Actualizada ás 22:55

Comparte esta noticia

Non é a primeira, nin será a última, que o alcalde de Quiroga utiliza o bastón de mando da alcaldía para arremeter contra a oposición. Pensa que a súa abafante maioría absoluta -- oito concelleiros, fronte aos dous do Bloque e a un do PSdeG-- permítelle iso e moito máis, coma dispoñer dunha televisión privada que non é o outra que a que pagan todos os veciños do concello cos seus impostos; a Televisión de Quiroga. Un estilo presidencial moi ao xeito do xa dimitido Berlusconi ou ao do bolivariano Hugo Chávez nas súas arengas televisivas.

O último capítulo das arremetidas do alcalde tiveron lugar o pasado 25 de outubro durante un tenso pleno no que se aprobaban as contas do 2011, xa con retraso. Este foi o cuarto pleno da nova lexislatura e rematou cunha escena inédita en Quiroga; a expulsión de todos os edís da oposición. Nesa sesión, tamén se aprobaba o imposto da construción e a actualización das tasas cun incremento equivalente ao IPC. Un punto que lle serviu ao responsable local do BNG, Xavier Castro, para pedir a dimisión do alcalde por incrementar a presión fiscal. Foi entón cando o alcalde, que xa viña quente da intervención da oposición no tema dos orzamentos, estoupou.

None

"Demagogo asqueroso"

"Está mintiendo...No mienta usted... Quien tiene que dimitir es usted que es un demagogo asqueroso", interrumpiu. "Por favor, non me insulte. Faga o favor de retirar esa palabra", responde sorprendido o voceiro nacionalista. "Retiro esa palabra pero usted me llamó multiplicado por mil. Sempre fai o mesmo discurso. É incapaz de propoñer nada... É un inútil", continúa o rexedor.

Sobe a tensión e Julio Álvarez non permite o uso da palabra á oposición e chámaos á orde por querer falar. E chega o momento de máis tensión; o punto de rogos e preguntas. "Eh, un momento, hai rogos e preguntas", dille o voceiro socialista, José Luis del Pont. "No hay. ¿Hay secretario?". O funcionario tatexa e di que non. "Les mal. Hai un punto aquí que é rogos e preguntas e eu podo pregunta", insiste o socialista. "Tercera llamada al orden. Desaloje la sala", berra o alcalde.

O único concelleiro do PSdeG ten que marchar do pleno. Os dous nacionalistas deliberan e deciden tamén marchar do pleno. "Co permiso de toda a sala, queremos manifestar que así non podemos continuar no pleno. Creo que en todo momento falamos con educación...". E aí quedan as verbas de Xavier Castro porque o alcalde despídeo cunha "tercera llamada al orde y desaloje la sala". 

"Foi como foi e punto"


Posteriormente, en na súa televisión, o alcalde sinalou que a sesión "non foi intensa". "Foi como foi e punto", indicou porque el sabía que "iso ía ocorrir". "Xa se falaba de que o pleno ía ser unha taberna ou unha asemblea da facultade de dereito", afirmou en alusión ao edil nacionalista que é avogado. "Alguén puido interpretar iso con dureza, pero foi contundencia. Mentres eu presida isto hai un regulamento e se fai a rajatabla. Coa bara que me midan, serán medidos", suliñou con contundencia. "E quen non queira, que dimita".

A oposición denuncia que a súa actitude transgrediu media ducia de preceptos do Real Decreto 2568/1986 no tocante ao desenvolvemento dos plenos municipais, pero él insiste en que "imperou a lei e o regulamento".

O BNG presentará unha queixa formal ante o concello e lle pedirá por escrito que pida desculpas polo seu comportamento. "É completamente anómalo que non nos permita falar no pleno. Iso é de persoas impertinentes", asegura en declaracións a GC, Xavier Castro que denuncia o comportamento agresivo do rexedor. "É a súa forma de ser. Non acepta críticas e todo o que lle prexudica vai o corta de plano. Nos plenos non permite nin que falemos os tres minutos de rigor", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

26 Leocadio

Qué verdadeira vergonza que existan na nosa terra elementos impresentables coma iste alcalde. E digo esto sendo simpatizante do PP, pero esto é o que nos fai sentir incómodos, porque iste e moitos coma él sobran nos postos políticos de Galicia.

25 Amigho

Despois que falen estes dos de Batasuna

24 Koroshiya Itchy

O Jesús Gil, diria eu mais bem.

23 centeais

'¿é legal grabar un pleno?, si non o é debería contemplarse por lei axiña, e xeneralizar o seu uso, que as páxinas de cada concello permitiran acceso as súas grabacións. Transparencia. Gracias as novas tecnoloxías todo pode mudar. :-)

1 Kiko

Se todo fose asi de sinxelo... non é a primeira vez que hai hostias por quere gravar un pleno, e iso que calquera pode asistir!!!!

2 Akribéstaton

A exigência de transparência total é a pedra angular da renovação -e subsistência- da política. Sem transparência não pode haver controle e participação. Não pode haver democracia. Trata-se dum princípio universal ante o que ninguém se pode negar e no que qualquer avanço é definitivo, sem possibilidade de volta atrás (pois as Novas Tecnologias o fazem possível e, portanto -alguma vez teria que ser para bem- necessário). Além disso, qualquer um pode colaborar no Grande Projecto: por exemplo, com uma iniciativa legislativa popular para fazer OBRIGATÓRIAS as retransmissões dos actos políticos (quantos mais melhor, mas se poderia começar pelos menos "problemáticos", como estes plenos municipais. Há um campo grande e maravilhoso no que actuar. O se faz isto, ou acabam com nós (com a dignidade humana, quero dizer).

3 centeais

chapeau, pódese decir en calquer idioma.. pero non millor. COMPLETAMENTE DE ACORDO. oxala se perda a vergoña para exigir nos leixes algo que nos tempos que corren é unha obviedade. Os tempos de crise teñen que valer para limpar "a merda" acumulada pola deixadez ou vagancia de tanto tempo. co sistema que temos non ten solución.. esto fúndese, ou se cambia ou nos fodemos todos, eles a clase privilexiada (por mérito ou por herencia) tamén. os cuartos son unha cousiña qu vale para comprar.. si ai quen venda, e comer non se comen.

22 Black Crow

Como yo no tengo, a diferencia del bloque, una visión materio-relativista del cosmos, defiendo la libertad de las quiroguinianos a elegir para alcalde al gañán que les pete. Señores comunistas, esto se llama DE-MO-CRA-CI-A, ¿Vale? Es ese sistema donde el individuo decide libremente y la equivocación forma parte de la responsabilidad ciudadana. Otra cosa es hablar sobre si el rural lucense y orensano están sociológicamente preparados para la democracia o merecen ser tutelados. Si me pidem mi opinión, pues por supuesto que no lo están. Finalmente, si este melón se pule los cuartos en telechorradas, pues que se aguanten en Quiroga y que voten a otro ¿no? A mí que mas me da ...

1 Arenga

De-mo-cra-ci-a??????? jejejejeejejej acho que tes o castelhano um pouco esquezido jejejejejeej. Pode que sejas um desses que di gb que por culpa do galego nom sabe bem castelhano jejejejeejej.

2 Manuel

A ver corviño é DE-MO-CRA-CIA, mira que ter que aprender castelán dun pailán galegofalante, ¡manda truco!. É o que pasa cando un se pecha a un so idioma, que ao final nin é capaz de escribilo correctamente. As escusas da incompetencia humana camufladas baixo unha falsa libertade teñen estas cousas, e ao final cada un queda perfectamente retratado. Por certo, ¿sabes porque en Lugo e Ourense non están preparados para a democracia? Pois porque os caciques, que seguen a ser os mesmos (descendentes) que no franquismo xogan cos cartos da administración como se foran seus porque por desgracia son ben coñecedores das necesidades da xente. ¿Sabes como se soluciona? Facéndolle a un par deles o mesmo que ao teu amigo Carrero Blanco

3 Eumesma

Bravo, Manuel!!

4 quiroguiniano

Que é iso de quiroginianos, este que se pensa que isto e a comarca dos hobits?.....si este espabilado vivira o día a día en mencionada pobo igual empezaba a valorar a palabra democracia, ti sabes o que é que che poñan unha etiqueta por non ser nin pensar como eles, e busquen a forma de joder.., supoño que non pero as tuas verbas merecen un aplauso; sobre todo iso de " estar preparados para la democracia", en lugo é ourense somos parvos e pensamos que seguimos na dictadura. de listos coma ti está o mundo cheo.

5 PATRIOTA GALEGO

Non si os fascistas sempre dando leccions de democracia. O Negro, Mans limpas, os GABITOS, e todos isos que ten as mans do cor que todos coñocemos

6 Caxtilteca

Espero que cada dia vayan quedando menos como usted, no porque no me guste verlos picoteando en los campos recién segados o atropellados en las cunetas, sino porqué les da lo mismo que se dilapide dinero de todos en televisiones absurdas y porque como dijo alguien ( y busque usted quien..), "Es difícil actuar con nobleza cuando solo se piensa en buscarse la vida ". Enhorabuena por su trayectoria vital...

7 Manolo2

Al animal terrorista que escribe el comentario 2 habría que preguntarle lo que le parece que le apliquemos esa misma medicina a él, a su familia, o a los del BNG pillados en actuaciones parecidas o peores que las del alcalde de Quiroga. Porque ya sabe el muy salvaje que se si se abre la veda para este tipo de soluciones, es para todos.