Ecoloxistas denuncian que a Xunta destinou tan só 718 euros por concello para atallar o abandono de animais

Libera pídelle máis axudas para afrontar esta grave problemática.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/03/2019 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera e a Fundación Franz Weber reclaman á Xunta máis fondos para abordar o problema do abandono de animais, segundo sinalan nun comunicado.

En concreto, indican que na área coruñesa o Concello da Coruña e o Consorcio das Mariñas "aumentarán a achega de fondos para os respectivos servizos de recollida por mor das novas esixencias de sacrificio cero da Lei de Benestar Animal". "Medidas ás que a Xunta dedicou, en dous anos, unicamente 225.000 euros para os 313 concellos, unha media de 718 euros por municipio", sostén.

Outra das peticións que fan os animalistas é "o veto ao uso de cans en cazarías, outro dos focos de abandono e malos tratos que se dá na comarca e que tamén está lonxe de resolverse pola falta de controis do goberno galego", indican.

Mentres, destacan que o Centro Municipal de Protección Animal da Coruña deu en adopción un total de 1.142 animais desde 2015, un dato que vinculan coas políticas no consistorio coruñés "a favor do benestar e a protección dos animais". En particular, subliñan o incremento rexistrado nos últimos anos, pasando da adopción de 201 animais a 393 en total o ano pasado.

Algúns dos cans abandonados
Algúns dos cans abandonados

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta