Terceira persoa atropelada en dous días

O último tivo lugar en Santiago.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2019 | Actualizada ás 10:31

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida nun atropelo rexistrado na mañá deste xoves en Santiago de Compostela. É a terceira persoa atropelada en dous días, tras os atropelos dun menor e dun adulto este mércores.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, o atropelo tivo lugar uns minutos antes das 9,00 horas deste xoves na zona da Barciela, entre as estradas AC-250 e a N-550. Foi a propia persoa atropelada a que alertou ao 112 e indicou que estaba ferida. Por iso, ao lugar acudiu unha ambulancia asistencial do 061, sinalaron fontes sanitarias.

Mentres, sobre as 9,00 horas deste xoves sucedeu unha saída de vía no Regueiro da Vila, na parroquia de Santaia, no municipio coruñés de Abegondo, sentido Presedo, informou o 112.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial, apuntaron fontes sanitarias, debido a que había dúas persoas feridas leves. Ademais, foron avisados a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil e Bombeiros de Betanzos, pero as persoas non estaban atrapadas.

Lugar dun atropelo
Lugar dun atropelo | Fonte: youtube.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta