Malestar no nacionalismo polo apoio "non disimulado" de La Voz ao Bloque

Vellos dirixentes nacionalistas apuntan que a estratexia do xornal coruñés é seguir dividindo e erosionar unha nova unidade popular do nacionalismo galego entre a UPG -o partido hexemónico no Bloque-, En Marea, Compromiso por Galicia e Anova.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2019 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

"Militantes de Anova desertan y se pasan al Bloque". Este titular co que abre este xoves a sección de política de La Voz de Galicia causou un forte impacto entre veteranos nacionalistas, algúns en activo e outros xa fóra da política, pero co denominador común de ter militado no Bloque.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

De feito, esta noticia está sendo amplamente comentada en distintos grupos de whatssap e moitos dos comentarios apuntan á intencionalidade dunha noticia que ten coma fin "erosionar a unidade do nacionalismo". De feito, lembran como antes de Amio, foi este xornal o que "máis axudou" a fragmentar o nacionalismo.

Algúns veteranos dirixentes nacionalistas apuntan a GC o momento no que chega este tipo de noticias. "Baixas de militantes de Anova xa se levaban dando desde hai tempo", indican. "E son moi poucos os que, supostamente, formalizaron a súa alta no BNG", engaden. "Por que La Voz no falou ou fala dos militantes do PP que marchan para Ciudadanos?", asegura un ex parlamentario co BNG. "Primeiro dinamitaron En Marea e agora queren dinamitar unha posible unión do nacionalismo para seguir mangoneando na UPG", engade.

Outro cre que "La Voz semella apostar polo BNG para destruír o máis posíbel a UP -Unidade Popular- ", en alusión a unha posible e hipotética unidade entre En Marea, o BNG, CxG e Anova. Hai quen vai máis alá e apunta a unha nova estratexia do xornal coruñés por "erosionar a Xulio e Martiño", en alusión aos rexedores da Coruña e Santiago, que non teñen disimulado as súas ideas nacionalistas.

MÁIS APOIOS AO BNG

Non é a primeira vez que La Voz sae en defensa do BNG. De feito, varios dos seus articulistas teñen loado en varias ocasións a figura de Ana Pontón. Tamén é habitual, desde hai anos, a presenza do BNG nos premios Fernández Latorre, mesmo cando a eles acudiu o monarca español. Na última edición acudiron a propia Pontón, o rexedor de Pontevedra e Miguel Anxo Fernández Lores.

Curiosamente, este xornal, extremadamente crítico co procés catalán e cos independentistas, foi moi coidadoso nas súas informacións sobre os acordos aos que o Bloque ten chegado con ERC e con Bildu para ás eleccións europeas, e mesmo a oferta de Otegui para unha coalición ás Xerais.

A única ocasión na que se puideron entrever críticas deste medio ao Bloque e a súa dirixente foi cando este acusou a Feijóo de ter actitudes machistas. Foi entón cando publicou varios artigos críticos con Ana Pontón e mesmo utilizou a vellas dirixentes históricas do Bloque, como Pilar García Negro, para que lle chegara o recado á dirección nacionalista. "Está claro que La Voz utiliza ao Bloque como parvos útiles e para branquear ao partido do que comen", din fontes consultadas en alusión ao PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

14 Únome e copulo

Estes rapaces quen veñen sendo? Aqueles que marchaban varias veces todas as semanas e a mesma Coz emitía a noticia unha vez si e outra tamén? A voz era moi boa cando masacraba o BNG e agora é moi mala porque masacra a "unidade copular". Pois élles a mesma señorías... O problema non é a Coz, o problema son moitos galegos

13 Luz de Ramuin

O Bloque é o colaborador necesario para que o Partido Podre manteña o poder na Galiza e o señorito de La Voz siga chupando. A cambio, a cúpula da UPG vive da política profesional. Exactamente o mesmo papel do histórico PCE, antes con Izquierda Unida e agora con Podemos.

12 O BNG SI QUE SI!!!!

SI HOXE PUBLICAN QUE mais de 60 militantes de anova dereonxe de baixa e ingresaron no BLOQUE BNG... o que non din e que entraron chorando na sede do BNG e outros incluso dándose de golpes coas maos na cabeza... foron acudidos rápidamente polos militantes e simpatizantes dándose efusivos abrazos e felicitacions... -VIEIRAS TI NON!!!! TI NON PODES ENTRAR!!!

11 paletismo ilustrado¡¡¡¡

A verdade é que resulta patético volver a escoitar e ler, cando se achega unha cita electoral, o mesmo de sempre. A Voz fai o que leva facendo máis de 40 anos e os galegos facemos o mesmo dende hai máis de 500 anos, o parvo... pero non se esquenzan das poltronas¡¡

10 Farto de controis

Lembrade a Brecht: "Primeiro viñeron polos socialistas, e eu non dixen nada, porque eu non era socialista. Logo viñeron polos sindicalistas, e eu non dixen nada, porque eu non era sindicalista. Logo viñeron polos xudeus, e eu non dixen nada, porque eu non era xudeu. Logo viñeron por min, e non quedou ninguén para falar por min."... Non contribuiades ao xogo de la Coz de dividir o nacionalismo. Os que queremos unha Galiza soberana non o merecemos.