O alcalde da Coruña ve "insuficiente" o estatuto electrointensivo do que depende o futuro de Alcoa

Por E.P. | A CORUÑA | 21/03/2019 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, considerou "insuficiente" o estatuto para consumidores electrointensivos presentado polo Goberno de cara a asegurar a estabilidade dos prezos da enerxía eléctrica.

Ferreiro afirmou que están a analizar o estatuto presentado polo Goberno. No entanto, dixo que "nunha primeira avaliación, é insuficiente para alcanzar os obxectivos que se pretendían".

Xulio Ferreiro.
Xulio Ferreiro.

"Asegurar unha estabilidade nos prezos da enerxía eléctrica que na Coruña é fundamental", dixo, en concreto, en alusión á situación da planta de Alcoa e a procura dun investidor que evite o peche da planta.

Preguntado se van presentar alegacións, dixo que estudarán se facelo "ou traballar con outros actores", en referencia ao propio comité de Alcoa. A iso, sumou o labor que leven a cabo os grupos políticos a nivel estatal no período de exposición do citado estatuto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta