Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2019 | Actualizada ás 20:01
O Centro Tecnolóxico do Mar colabora co Ministerio de Pesca e Recursos Marítimos de Namibia nun proxecto financiado pola Consellería do Mar que, co apoio técnico do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e do Instituto Español de Oceanografía, traballa na mellora da investigación no National Marine Information and Research Centre (NatMIRC) --Centro Nacional de Investigación e Información Marítima-- namibio e da avaliación e a sustentabilidade dos recursos pesqueiros do país africano.
Un dos obxectivos desta iniciativa, que comezou o pasado exercicio e que durará tres anos, é o fomento do diálogo entre a comunidade científica e o sector da pesca sobre cuestións de interese mutuo e que redunden na mellora da avaliación dos recursos pesqueiros. Así, programáronse unha serie de talleres que pretender servir como plataforma de encontro e debate.
O primeiro deses talleres, organizado pola Fundación Cetmar, desenvolveuse este luns na sede do NatMIRC en Swakopmund, co obxectivo de mellorar a xestión da pesca, introducindo os datos do palangre no modelo de avaliación.
Coa execución deste novo proxecto, o Centro Tecnolóxico do Mar retoma a súa colaboración co Goberno de Namibia, co que xa traballara desde 2008 en diferentes proxectos tamén relacións co fortalecemento da capacidade do seu Centro Nacional de Investigación e Información Marítima no relacionado coa xestión da pesca e coa colaboración de Cooperación Española.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.