Galicia, en alerta pola vertedura de fuel tras o afundimento do 'Grande América' fronte á costa francesa

A Xunta intensificou o seguimento e as medidas preventivas tras o afundimento do mercante o pasado 12 de marzo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2019 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

A Xunta intensificou o seguimento e as medidas preventivas tras o afundimento do mercante 'Grande América' o pasado 12 de marzo fronte ás costas de Francia, polo que este domingo activou en fase de alerta o Plan Territorial de Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Camgal) como medida preventiva.

O 'Grande América'.
O 'Grande América'.

"A finalidade deste Plan é estar preparados e dar resposta de forma áxil no suposto caso de que os restos de fuel do mercante se acheguen ás costas de Galicia", explicou o Goberno autonómico.

En coordinación con Salvamento Marítimo do Estado, o Executivo galego continúa realizando un seguimento "exhaustivo" da deriva da fuselaxe vertida por este barco e tomou esta decisión "atendendo ás predicións dos modelos de deriva da Prefectura Marítima do Atlántico de Francia e á meteoroloxía.+

Así mesmo, o Servizo de Gardacostas de Galicia desprazou o buque polivalente 'Sebastián de Ocampo' para Celeiro, na localidade luguesa de Viveiro, "para actuar no caso de que sexa necesario". Tamén o helicóptero 'Pesca 2' e a patrulleira 'Punta Promontoiro' realizarán comprobacións pola zona durante os seus labores rutineiros.

Estes traballos súmanse aos que está a realizar Salvamento Marítimo por toda a costa cantábrica e o buque 'Ría de Vigo', do Servizo de Gardacostas de Galicia e da Axencia Europea de Seguridade Marítima na zona do naufraxio.

Desta forma, esta embarcación mobilizouse "desde o primeiro momento" e está nas proximidades do afundimento para "controlar e recoller" os restos do fuel e adoptar outras medidas no caso de que sexa necesario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta