Solicitan a catalogación de bens culturais arredor da canteira de Teo

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos avisa que a canteira mercada por Toysal ten numerosos elementos arqueolóxicos sen catalogar.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2019 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos  presentou senllos escritos na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta e no Concello de Teo. Cos dous documentos instan a “ámbalas dúas administracións á catalogación dunha serie de bens culturais que poderían ser incorporados ao PXOM do Concello de Teo”.

Sdf. PLATAFORMA CASALONGA LIMPA DE RESIDUOS
Sdf. PLATAFORMA CASALONGA LIMPA DE RESIDUOS

Os elementos sinalados estarían sen catalogar e a súa ubicación estaría “na contorna inmediata da canteira da Casalonga, lugar onde se rexistra unha elevada concentración de bens culturais xa catalogados”, polo que consideran que “sería necesaria a realización dun inventario arqueolóxico da zona”.

Así mesmo, a Plataforma insta ás administracións competentes que requiran á empresa titular do dereito de explotación da canteira, que presente unha serie de documentos. “Un estudo de impacto arqueolóxico da zona. Unha autorización previa ante calquera movemento de terras que se pretenda realizar na área de amortecemento de calquera dos bens arqueolóxicos e o seguemento das obras por un técnico asignado ao efecto”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta