VÍDEO: 'San Finx 1960', memoria dunha catástrofe mineira

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 05/04/2019 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Lousame, 1960. Unha presa de decantación de residuos das minas de San Finx rebenta, arrastrando río abaixo lodos e áridos. Deste evento, coñecido como a "catástrofe de 1960", apenas existen rexistros escritos. Hoxe, as presas están abandonadas, en risco dunha nova rotura. A responsabilidade evaporouse. Pero o relato do acontecido sobrevive na fráxil memoria da veciñanza, ao tempo que unha nova concesionaria e a administración se empeñan en reescribir a historia.

Mina de San Finx, en Lousame
Mina de San Finx, en Lousame

Irene Pin reconstrúe agora aquela traxedia para deixar constancia documental do que aconteceu e do que segue pasando. San Finx 1960 é o seu novo traballo, no que mediante os testemuños de veciños e documentación, nárrease como a maior das presas de decantación de lodos das minas de San Finx tivo unha falla crítica que provocou unha avalancha de residuos mineiros que arrasou co curso fluvial até a mesma ría de Noia, deixando a súa pegada contaminante durante décadas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta