"Cómpre tender pontes no BNG máis que nunca"

Nesta entrevista, o alcalde de Teo e membro dos irmandiños chama ao Bloque a recuperar o papel de "casa común da esquerda e do nacionalismo" e fala daquela polémica "dieta de cloro e unto".

Por Walter Burns | Teo | 02/12/2011 | Actualizada ás 03:35

Comparte esta noticia

Unha pregunta moi faciliña para empezar, como fai o Bloque para deixar de perder electores en cada comicio que pasa?

Non sei se existen fórmulas máxicas pero para que iso aconteza o BNG debe recuperar o seu rol de ferramenta útil para o país. Proxectar unha mensaxe que recolla un común denominador no que as diferentes sensibilidades que configuran o Bloque poidan sentirse representadas, entender que o ollar dunha parte do BNG non pode ser o ollar colectivo do BNG, volver a converterse na casa común do nacionalismo e da esquerda e proxectar esa mensaxe ao conxunta dunha sociedade agredida pola oficina de demolición social e identitaria do señor Feijoo. Estou totalmente convencido de que existe unha maioría social agredida que está agardando a que iso se de para volver a confiar maioritariamente no BNG.

E inegábel que o BNG pasa por un momento no que súa imaxe pública está lastrada polas leas internas e os retrocesos electorais. Neste difícil panorama, que mensaxe lanzaría á militancia?

A pesar diso e a pesar dos retrocesos, a cidadanía está a soster esta organización, estalle a dicir que ten que asumir un punto de inflexión pero que é importante para o país. Temos que recuperar unha convivencia de partes, rematar co xogo perverso de maiorías e minorías, asumir a nosa responsabilidade colectiva na toma de decisións e acompañar coa nosa experiencia aos movementos sociais, dinámicos, transformadores e reivindicativos. Rematou o tempo das tutelas coa cidadanía. Cómpre encetar o tempo das sinerxias para transformar a realidade con todos e todas aquelas que queiran facelo.

Revalidar dous deputados pero perdendo case 30.000 votos cando o PSOE se afunde. Nunha escala de o a 10, que valoración lle daría aos resultados do Bloque o 20N?

Cualitativamente, pola importancia de manter a representación en Madrid sen intermediarios, polo feito de que iso permite manter unha organización ao servizo do pobo galego nun momento de avance da dereita e de recortes sociais eu daríalle un 5.

None

E cuantitavamente?

Cuantitativamente os resultados son malos, poderíamos falar dun suspenso, xa que perdemos 26.000 votos sobre o 2008, desapareceron os vasos comunicantes cos desencantados do PSOE e unha parte importante da cidadanía preferiu darlle o voto a forzas políticas sen posibilidade de obter representación (EU,Equo,etc) antes de darlla ao BNG.O problema aquí non foi o punto de chegada. O problema foi o punto do cal partíamos e porque non podemos nesta situación aspirar a ter uns mellores resultados.

"Abrirse a sociedade" e conquistar novos espazos electorais. Estas son dúas das frases que soan unha e outra vez entre os que defenden un cambio de rumbo no Bloque. Pero que significa en realidade "abrirse á sociedade"? Un Bloque máis próximo ao centro? Un Bloque que non use simboloxía marxista?

Eu coido que o discurso formal do BNG nos tempos que corren é correcto, lóxico e natural coa situación de agresión dos nosos dereitos individuais e colectivos. O problema está en que este discurso para amplos sectores activos da cidadanía carece de credibilidade. Son dos que pensan que o BNG non debe facer concesións ideolóxicas para aspirar a representar a unha maioría social de Galiza. Abrirse a sociedade, resintonizar a mensaxe e algo antitético a ensimesmarse. Coido que debemos ser conscientes de que iso debe ser unha das aspiracións. Recuperar credibilidade na reivindicación ética lastrada por determinados casos nos derradeiros anos que nos homologan ao resto das forzas tradicionais, decodificar o discurso para que chegue con claridade  a máis segmentos da sociedade, fuxir das tentacións de patrimonializar os movementos sociais, pelexar cando haxa que pelexa e falar cando toque falar.

Vostede é un dos alcaldes que logrou revalidar o goberno nas eleccións locais. Que conclusións da súa experiencia de goberno nun municipio cre que poden ser aplicábeis a un cambio de rumbo no Bloque?

O noso, o dos compañeiros e compañeiras de Teo, é un dos trinta exemplos que ten o BNG no país de que, sen facer concesións nun proxecto transformador coma este, pódese aspirar a gobernar para unha maioría social ampla.Apostar pola participación cidadán na toma de decisións, corresponsabilizar aos veciños nas conquistas e no público, apostar sen matices por un posicionamento ético e honesto son tan só varios dos moitos motivos que fixeron posible o troco en Teo e un goberno de maioría absoluta despois de catro anos de goberno en minoría.

Algún militante do BNG pode pensar, "por que ten máis valor o que digan os alcaldes que o que opine eu sobre o futuro da fronte". Que lle contestaría?

Contestaría que non ten máis valor o que opine un alcalde do BNG que o que opine calquer militante de base da organización. Se hai militantes de base nas organizacións eses son tamen os alcaldes, como representantes públicos nas trincheiras locais. Outras cousa é a representatividade social que os referentes municipais do BNG poden ter diante da cidadanía.

A UPG sinalou á falta de cohesión interna como un dos factores que puido contribuír á que non se sumaran novos electores nestas xerais. Cre que o manifesto de alcaldes que presentaron no verán tivo unha repercusión negativa nos comicios do 20N?

Coido que moitos están instalados permanentemente no inimigo exterior e que non se decatan de dinámicas que poden ser positivas para o BNG. Algúns sectores da fronte viron nas nosas verbas unha ameaza. Nós o único que intentamos enviar a sociedade foi un berro de esperanza. A maioría da cidadanía coido que así o percibiu. Unha parte importante do BNG tamén.

Ese manifesto encendeu un debate interno no Bloque, que se apagou de portas para fóra en canto ZP convocou o 20N. Con todo, Bautista Álvarez, referente da UPG, publicou un artigo no que cargaba moi duramente contra vostedes. Textualmente dicía que cómpre "máis cloro e menos unto". Como lle sentou aos alcaldes esta declaración?

A maioría dos Alcaldes temos a esperanza de que esas verbas non sexan representativas dun sentir maioritario na organización, aínda que sexan expresadas por un dos referentes do nacionalismo galego contemporáneo como foi e é Bautista Álvarez. Non entenderíamos que a nosa propia organización chegase a conclusión de que aos seus referentes institucionais, que en moitas ocasións dan a cara diante da cidadanía, houbera que ofertarlle unha dieta de cloro e unto, bastante indixesta por certo.

Na próxima Asemblea Nacional farán falta políticos que saiban tender pontes entre as correntes e sexan capaces de transmitir á militancia esperanza e unidade. Ten Martiño Noriega algunha desas cualidades?

Non me gusta falar de min mesmo pero si algo levo facendo dende hai 17 anos no BNG é tendendo pontes. Esta vez iso vai ser máis necesario que nunca e eu alí estarei. Tender pontes non debe confundirse con ser submiso. Debe entenderse coma  un exercicio no cal sistematicamente poste na opinión dos demais sabendo que a túa non é a opinión única.

E Martiño Noriega imaxina algunha vez un futuro político á marxe do Bloque?

Traballo cada día dentro e fóra da organización para que iso non aconteza. Entendo que como proxecto colectivo de case que trinta anos de vida estamos nun momento no que debemos estar a altura da historia e do que agarda de nós a sociedade galega. Desgraciadamente, a miña opinión é unha máis no conxunto da militancia. Do que si estou convencido e que agora é innegociablemente o momento desta. Do conxunto dos homes e mulleres do BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

15 refundando pontes

Tender pontes, chamamoslle a convocar unha rolda de prensa o venres anterior as eleccións??? simplemente ca idea de dar caña, daba igual o resultado do 20N. Se é esa a maneira de tender pontes dos irmandiños, non contar conmigo.

1 inquisidores no BNG non

Convocar unha rolda de prensa para valorar uns resultados debe ser anatema. Como está a parroquia! Canta devoción! Canta fe cega!

2 Xouba

Repara nisto: - as declaracións de Guillerme V e de Jorquera (este, muito porreiro, foi aínda a máis co de que sginificaba o apoio do pobo galego á liña da dirección do bng) son puramente OPINÍÓNS persoais, xa que non se acordou en ningún momento unha valoración dos resultados como de MAGNÍFICOS ou de BOS. Simplemente, menos mal, mantivemos o e a deputado/a, e esa era a clave. - por tanto, por lealdade e respeito á intelixencia, primeiro da sociedade galega, 2º dos que nos apoiaron, 3º da militancia e 4º dun mesmo, podo entender que se fixeran esas e outras declaracións, que, respostan, como mínimo,de forma persoal a outra opinión persoal e non do conxunto do bloque. .. o que pasa é quea U está mal acostumada, como os nenos mimosos, a facer todo o que lle vén en ghana tomando a casa común como o seu pazo particular. Un pracer. teño que marchar. falamos. aburiño

3 Mesías menos

Convocouna xa o venres??????? Iso si é escandaloso, xa o tiña preparado!!!! Era o que eu pensaba, como a ansiada desaparición do BNG non se produciu, utilizou o mesmo discurso que tiña listo!!! Déixanos en paz xa!

4 Inquisidores NON

Os resultados foron os que daban as enquisas internas, así que non houbo sorpresas. Se se convocou o venres non quere dicir que a valoración do resultado estivese xa calculada con todos os seus matices. A análise para min do EI é correcta. Falar de bos resultados e de manifestar esa alegría como manifestou Guillerme, iso si que debía estar calculado de antemán porque se non non é moi explicable. Ademais como di Xouba de ser opinións exclusivamente persoais e non da representación da frente da que falan deslealmente.

14 Black Crow

Sí, sí, cumplen puentes, carreteras, teléfericos y patinetes ... y así se durará unos meses mas hasta las siguientes elecciones. Pensaba que Martiño era mas listo como para tener un punto de vista tan cortoplacista pero no, todavía no se ha dado cuenta de que ni puentes ni leches, los gallegos de bien no están dispuestos a votar BNG mientras sigan en él ciertos elementos, salgan en los carteles o no. Alomojó diciendo en chino ... Resumiendo,que el BNG puede acabar como la ciudad de la cultura, osea, un fiasco que nadie tuvo buebos para dinamitar y cuando no quede mas remedio de hacerlo ya no habrá nada que hacer.

1 xouba

Ei, ti, corvo black, troll do carallo, fóra de aquí, que é evidente ao que estás ti, PPeiro for ever.

2 Black Crow

El bloque se basta solito para irse al carajo y no necesita de nuestra colaboración. Además, un líder de la U se marca la frase "a los alcaldes estos había que depurarlos", y este nos sale con que hay que tener puentes. ¿Acaso durante las purgas estalinistas, los encerrados en los gulags decían que había que tender puentes? ... no, porque ya sabían lo que les iba a contestar la KGB ¿Ah sí, quereis tender puentes, eh? Pues tranquilitos que vais a tender unos cuantos ...

3 Histórico.

Corrixo, Black Crow. Non era a KGB, era a NKVD...Por precisión hístórica, só.

4 marta

Tiña entendido que máis que pontes, o PP vai construír un teleférico ata a Cidade da Cultura, o fiasco.

13 Lobo

Efectivamente hai que tender pontes, pero pra que se marche tanta borralla como hai no BNG.

1 Lobishome

Aí estás ti, lobo ¡¡ Es un campión ¡¡ Un supermachito cun par ¡¡ Evidentemente, é ese o verdadeiro espíritu da vosa ALternativa pola Unidade. ahh, pero entón non era amor ¡¡ Aaahh mátasme co teu desamor, Lobos, aahhm, que imos facer sen a vosa clarividencia e grande amor á patria, aahh cariño, non nos abandoesdes ¡¡¡ Ahhh..por deus... Se o barco afunde, tiraremos da cadea, non vai ser que contaminemos o leito mariño.

2 lobito bueno

Non podía faltar o Lobo facéndolle unha nova "genuflexión" a Paco Zarzuelas

3 can de palleiro

Si, borralla, tanto comunista en audi dá noxo! tanto mediocre cobrando salarios que pagan os militantes dá asco! tanto defensor dos traballadores que nunca tivo choio dá vergoña allea! Efectivamente, hai que botalos!

4 xunco

Efectivamente hai que botalos e alguns coma esta mala copia de Beiras nunca tivo que chegar a nada ¿Porque no investigades un pouco e vedes a súa traxectoria e comprobades como foi chegando a cada sitio?

12 Lois

Xa, pasabas por aquí. Pero entón, en que quedamos?

1 Lobishome

Bon, en realidade,o que pasaba por alí foi Guillerme, e PR vai e colleuno de voluntario para ser o grande líder, ou non? Iso, é innegábel, my friend.

11 Predica co exemplo

Que maestría nas palabras para non dicir ao final ABSOLUTAMENTE NADA! De momento a túa "representatividade social" só a levas usado para transmitir a ignominia de que no BNG non hai democracia.

1 Hambrosio

tristemente non che ignonimia ningunha, o propio Francisco Rodríguez ou Guillerme teñen dito frases do estilo de "a democracia do BNG é como a de calquera outro partido", cousa no cal coinciden aquí con Martiño, porén a discrepancia na valoración de tal feito é notoria.

2 Informate mellor

Xa, como se nota que só a coñeces pola caricatura que pintan estes confidenciais. A ver se sabes algún outro partido no que a direccion estea composta por todas as correntes en proporcion aos votos que sacaron. A norma é que o que gaña leva o 100%, e o do BNG unha honrosa excepcion comparado con outros partidos. Pero gracias pola sinceridade de recoñecer que este homiño se dedica a dicir iso

3 FARTURAS

O BNG non é un PARTIDO, é unha FRENTE, de momento.... Convertideo dunha vez no BUPG e acabade dunha vez. Así non nos enredariades a tantos/as que estamos ahí de tontos/as útiles, para que vos(UPG) vivades a corpo de rei, moi homologadiños cos demais partidos. A quen queredes enganar a estas alturas??

4 Hambrosio

O BNG non é un partido, e esa representación é só formal... E si ,homiños coma Paco e Guillerme teñen chegado a dicir que o BNG era democrático como outras forzas... O EI sabe que o BNG non é como outras forzas, que é recuperable, pero esta posbilidade ten data de caducidade.