Unha delegación galega mostrará á Comisión Europea que manexa "datos falsos" da superficie de eucalipto en Galicia

Estará encabezada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, e exporá a "contradición existente" entre os datos de superficie de eucalipto en Galicia e os que ten esta institución.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/04/2019 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

Unha delegación galega encabezada pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, exporá nunha reunión con representantes da Comisión Europea a "contradición existente" entre os datos de superficie de eucalipto en Galicia e os que manexa esta institución.

Unha delegación galega exporá en Bruxelas a 'contradición' entre os datos d. CEDIDA
Unha delegación galega exporá en Bruxelas a 'contradición' entre os datos d. CEDIDA | Fonte: Europa Press

En concreto, esta delegación reunirase co xefe de gabinete do Comisario de Medio Ambiente, Karmenu Wella, e a directora de Coordinación Política da Dirección Xeral de Cambio Climático, entre outros. Xunto a ela acudirán os alcaldes das Neves, Baños de Molgas, Rianxo e Ribadeo, ademais de varios portavoces de plataformas ambientais.

Miranda organizou este encontro tras a resposta emitida polo comisario de Medio Ambiente, Karmenu Vellu, a unha pregunta presentada pola eurodeputada. Nela a CE, aínda sendo consciente do uso de eucalipto na silvicultura galega, aseguraba que o programa de desenvolvemento rural actual "exclúe o aumento de superficie forestal" dedicada a esta especie e establece un marco para evitar a súa propagación.

A eurodeputada achacou que a resposta evidencia que a Comisión "dispón de datos falsos" sobre a plantación desta especie en Galicia, dado que a nova planificación forestal "dá por boas as máis de 250.000 hectáreas de eucalipto aumentadas" desde a aprobación do plan vixente (en 1992) e varios expertos alertan de que a súa presenza se incrementou "descontroladamente".

Por iso, Miranda acudirá á citada reunión para trasladar os datos reais de superficie desta especie invasora pirófila, cuantificando nunhas 500.000 hectáreas as que ocupa actualmente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta