O "plan renove" de tractores evitará mortes en Galicia

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou este venres a convocatoria de axudas para a renovación do parque nacional de maquinaria agrícola correspondente a este ano. A meirande parte dos accidentes mortais por tractores en Galicia son por non ter cabina protectora en caso de envorco.

Por E.P. | MADRID | 12/04/2019 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou este venres no Boletín Oficial do Estado (BOE) a convocatoria de axudas para a renovación do parque nacional de maquinaria agrícola correspondente a este ano.

Este 'plan renove' está dotado cun orzamento de 5 millóns de euros que se distribuirán mediante axudas directas ao agricultor. Precisamente, en Galicia existe un elevado número de falecidos cada ano por accidentes de tractor, e máis da metade das mortes prodúcense en vehículos de varios anos que non contan con cabina de protección para envorcos.

En concreto, segundo recolle a convocatoria, amplíanse os equipos subvencionables respecto de 2018, ao incluír tractores, máquinas automotrices de recolección e determinada maquinaria arrastrada como equipos fitosanitarios, abonadoras, sembradoras directas, cisternas de xurro con dispositivo de localización do produto no chan e dispositivos de localización independentes para a súa instalación nunha cisterna en uso.

Desta forma, aténdense as diversas necesidades de mecanización da agricultura española, incorporando máquinas energéticamente máis eficientes, con maior capacidade de traballo, máis seguras e máis respectuosas co medio ambiente, segundo explicou o Ministerio de Agricultura.

Esta convocatoria establece un prazo de presentación de solicitudes maior que en anos anteriores, desde a data de publicación no BOE, ata o 15 de setembro. Desta forma o solicitante disporá de cinco meses para comprar a nova máquina, realizar a súa inscrición no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola e tramitar a solicitude.

A publicación desta convocatoria, con maior antelación, permitirá aos fabricantes incorporar os novos modelos ás listaxes de maquinaria subvencionable e que pasen os ensaios requiridos, no caso de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios e de abonadoras.

Tractor rozando unha leira. EMDESFOR - Arquivo
Tractor rozando unha leira. EMDESFOR - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta