As entradas da primeira edición do REC Fest da Coruña saen á venda este luns

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2019 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

As entradas da primeira edición do REC Fest (Rock na Coruña) saen este luns á venda a partir das 10,00 horas a través das plataformas en liña 'Ticketea' e 'Ataquilla', así como fisicamente no quiosco da Praza de Ourense da Coruña.

A Coruña acollerá en novembro o primeiro festival REC Fest, que xorde como un "novo encontro" que "revive a liturxia do rock" coa aspiración de converterse nunha "referencia a nivel estatal para os amantes da música de guitarras máis cañera".

Así se presenta un evento que se celebrará o 23 de novembro no Coliseum da Coruña, a partir das 19,00 horas, cun cartel ecléctico que ofrecerá seis horas de música que se moverá desde o punk, o rock clásico, o metal ou o hardcore ata o ska ou os ritmos urbanos.

No cartel da súa primeira edición figuran Ska-P, Dakidarría, A Regadera, Bastards On Parade, Machete en Boca e Ezetaerre. Ska-P é un dos principais reclamos do cartel. A banda nada no ano 1993 céntrase no ska punk e realizará na Coruña un repaso aos grandes temas da súa carreira, ademais de presentar o seu novo e oitavo álbum de estudo, 'Game Over', publicado en setembro do pasado ano.

O primeiro Rec Fest levará a Ska-P, Dakidarría e A Regadera á Coruña o 23 de novembro. REC FEST - Arquivo
O primeiro Rec Fest levará a Ska-P, Dakidarría e A Regadera á Coruña o 23 de novembro. REC FEST - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta