A Xunta sinala que o Goberno central "nega" a AP-9 a Galicia e que agora "hai argumentos" para facelo

Estas declaracións realizounas na mesma xornada na que, sobre as 16,30 horas, se reunía por videoconferencia a Comisión Mixta de Transferencias entre Euskadi e o Estado para pechar o cambio de titularidade da AP-68.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/04/2019 | Actualizada ás 15:51

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo este martes que "non ten ningún sentido" que mentres a Galicia se lle nega "" a transferencia da AP-9 por parte do Goberno central o traspaso da AP-68 ao Executivo vasco se faga dun modo "tan rápido" e "fácil".

En declaracións aos medios minutos antes de comezar un acto de partido en Moaña (Pontevedra) con motivo da campaña para as xerais, Rueda puntualizou que a Xunta "non se opón" a que se materialice ese traspaso a Euskadi. "Agora que vemos que é tan fácil para algúns conseguir a transferencia, demóstrase ademais a inxustiza que se quere facer con Galicia negándonos a nós unha transferencia que por moitísimas razóns xa tiña que estar feita e hai argumentos dabondo para facela", explicou o número dous do Executivo galego.

Estas declaracións realizounas na mesma xornada na que, sobre as 16,30 horas, reunirase por videoconferencia a Comisión Mixta de Transferencias entre Euskadi e o Estado para pechar o cambio de titularidade da vía. Para Rueda, "non ten sentido" que se realice esta operación "a cambio duns apoios concretos" a Pedro Sánchez por parte dos grupos vascos durante a validación dos reais decretos na Deputación Permanente do Congreso.

E é que, tal e como asegurou, o traspaso da AP-9 é unha reclamación "moi xustificada" e que hai "moitísimo tempo" que logrou o consenso de todos os grupos políticos presentes no Parlamento galego. A lei de transferencia da Autoestrada do Atlántico atópase en tramitación na Cámara Baixa desde o pasado mes de decembro.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece en rolda de prensa tras. XUNTA - Arquivo
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece en rolda de prensa tras. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta