GC Aberto

O Cristianismo contra a Razão

O dia 25/04/2019 presentaremos o libro da miña autoría O Cristianismo contra a Razão na libraria Couceiro de Santiago de Compostela. Pretende ser unha obra de investigação e muito documentada.

Por David González | Ferrol | 19/04/2019

Comparte esta noticia

Algunhas das principais conclusións da investigación que figuran no libro son:

A Borriquilla sae da Igrexa da Beira Cruz. Europa Press - Arquivo
A Borriquilla sae da Igrexa da Beira Cruz. Europa Press - Arquivo

- Despois do Edito de tolerancia de 313, o emperador atuou como a autoridade suprema da Igrexa, que era quen convocaba os concilios, pagaba os traslados dos bispos, sancionaba os acordos e castigaba aos desviantes. Non se pode falar da existencia do papa romano como tal até mediados do século V, e incluso até o século X o papa sempre atuaba subordinado ao emperador. Non se pode afirmar, por tanto, que esta institución fose fundada por Xesús de Nazaré e que Pedro fose o papa de Roma. O papado surxe pola competência entre as sedes de Roma, Alexandria, Antioquia e Constantinopla, e somente se pode começar a falar dele a partir do século quinto.

- A partir de Constantino I, a Igrexa foi favorecida con privilexios de toda índole: económicos, laborais, xudiciais, legais, inmobiliarios, privilexios que se manteñen até os nosos días.

- O tandem da espada e da cruz, o imperio e a Igrexa, estabeleceu o maior sistema represivo da disidencia que houbo até o momento presente: herexes, donatistas, xudeus, apóstatas, pagáns, maniqueus, arianos e priscilianistas foron as súas vítimas nos séculos IV e V.

- Os clérigos interviñan tamén en cuestións médicas e prescribiran como único medio de cura a sangría; deixou de cultivarse a técnica e a ciencia empírica,; aboliuse o estudo da filosofía, matemáticas, medicina e xeografía. O papa Gregorio Magno denunciou como loucura e maldade a educación secular, combatendo especialmente o estudo da gramática, e prohibiu aos crentes a lectura da Biblia, prohibición que durou até o século XX. Destruíron os templos non católicos e as escolas filosóficas, queimáronse os escritos dos desviantes e, unha vez tolerado o cristianismo xustificou a coacción sobre as conciencias para obrigar a aceptar as crenzas cristiás.

- O cristianismo emprendeu unha campaña de fustigación en contra da razón e da filosofía, en nome da fe e da irracionalidade, destacando a súa incapacidade para chegar a coñecer a verdade sen a guía da mensaxe transmitida polas Sagradas Escrituras, consideradas como libros inspirados por Deus e dos dogmas criados polos dirixentes clericais, en contra de calquer lóxica racional, con a finalidade de controlar as conciencias e sometelas á titoría e ao ditado dos xerentes de Deus na terra, ou sexa, dos clérigos. Este desprezo da razón está presente na Biblia, nos Santos Padres, nos teólogos e no maxisterio eclesiástico.

- A doutrina eclesiásticas introduciu a noción de consubstancial para explicar as tríadas divinas criando un embrollo tal que non só non se explican as persoas divinas, senón que tamén se termina por facer irrecoñecíbel a mesma noción de persoa. A divindade de Xesús formulou-se por primeira vez no concilio de Niceia do ano 325 e a do Espírito Santo a partir do concilio de Constantinopla do ano 381. Antes falábase de tríadas, mas non de persoas consubstanciais, que é o significado propio da Trindade cristiá.

- Os dogmas da transubstanciación transgride as leis da realidade material e repugna á razón humana.

- A inmaculada concepción de María significa que foi concibida sen o pecado orixinal, ou sexa, que os seus pais cando a concibiron non sentiron o pracer ligado ao acto sexual, fonte de transmisión do pecado orixinal. A virxindade significa que María concibiu a Xesús sen a axuda de algún varón humano, que foi substituído nas súas funcións polo Espírito Santo. O problema da Igrexa é neste momento como desfacerse destas montaxes sen fundamento sen provocar unha forte contestación dos fieis.

- Para os hebreus, o deus principal non era, nun principio, Xavé, senón El, que era quen presidía o consello dos deuses, tal como se reflicte na Biblia. O seu concepto de Deus non difería do concepto de Deus que tiñan os pobos veciños. Todos eran pobos politeístas, e só durante o cativerio de Babilonia se reafirmou a crenza nun Deus único, que se identificou con o deus tribal de Xerusalén.

- A doutrina trinitaria é incapaz de explicar a realidade das persoas divinas sen cair no monarquianismo ou sabelianismo, por unha parte, ou na pluralidade de deuses, pola outra.

- A inmortalidade da alma non está na Biblia, salvo no apóstolo Paulo, nin en parte dos Santos Padres, senón que se introduciu por influencias exipcias, do zoroastrismos, platonismo e maniqueísmo. Non hai proba ningunha que demostre que existe este concepto platónico que se chama alma nin que o ser humano é inmortal. A crenza nas penas no mundo de alén-túmulo é un excelente instrumento para que os clérigos manteñan o controle das conciencias e unha fonte de pingues beneficios económicos. A resurrección dos corpos é unha hipótese totalmente gratuíta e conflitiva  con a razón.

Presentará os intervenientes o escritor PABLO VILLAVERDE

Intervirán:

               MANUEL RIVAS GARCÍA E

              RAMÓN VARELA PUÑAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta