Morre a acompañante dun motorista que deu positivo en alcohol nun accidente en Catoira

O vehículo saíu da vía e chochou contra un poste.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 22/04/2019 | Actualizada ás 09:45

Comparte esta noticia

Unha muller de 51 anos de idade faleceu nun accidente de tráfico rexistrado ao saírse da vía e chocar contra un poste a motocicleta na que circulaba de acompañante no municipio de Catoira (Pontevedra). O piloto obtivo resultado positivo na proba de alcoholemia.

Segundo os datos da Garda Civil de Tráfico, este accidente mortal tivo lugar sobre as 20,15 horas deste domingo no quilómetro 6,3 da estrada PO-548, que vai de Vilagarcía a Pontecesures, ao seu paso por Catoira.

No sinistro faleceu a acompañante do motorista, de 51 anos, mentres que o piloto resultou ferido leve e obtivo na proba de alcoholemia 0,63 e 0,60 miligramos por litro de aire expirado.

Segundo os datos do 112 Galicia, un particular contactou co servizo de emerxencias para pedir axuda tras o sinistro, polo que se pasou aviso aos servizos sanitarios de urxencia do 061 que, debido a gravidade do accidente, optaron por mobilizar ata o lugar do sinistro o helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Tamén, tras ser alertados polo 112 Galicia, desprazáronse os Bombeiros do Salnés, axentes de Tráfico, membros do GES de Valga e de Protección Civil da localidade, así como o persoal da empresa subministradora de telefonía, que se encargou da reparación do poste afectado.

Morre a acompañante dun motorista con alcoholemia positiva tras un accidente en Catoira  GARDA CIVIL
Morre a acompañante dun motorista con alcoholemia positiva tras un accidente en Catoira GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta