Temas: FRASEOLOXíA

“Todo o máis”, equivalente, entre outras expresións, ó castelán “a lo sumo”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 28/04/2019 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

Para darmos a entender a idea de tope ou límite máximo no que se refire ao grao, cantidade, calidade... aos que pode chegar algo ou alguén, en castelán adóitase empregar a locución a lo sumo. En principio, e bardante de criterio en contrario por parte das institucións normativas da nosa lingua, a locución *ó sumo, que algunha ca outra vez se ten escoitado e que tamén se recolle en certos textos escritos, non parece senón un calco da correspondente castelá... e de feito temos locucións de noso que dan conta desa mesma significación, como a seguir imos poder comprobar:

Comisión parlamentaria
Comisión parlamentaria | Fonte: EP

A lo sumo

{= Ó tope ou límite máximo, no que se refire ao grao, cantidade, calidade..., aos que pode chegar algo ou alguén }

Todo o máis

Ex.: Habrá comido, a lo sumo, una docena de pasteles.

Comería, todo o máis, unha ducia de pasteis.

Ex.: Es verdad que la llamé a cobro revertido, pero que no se queje tanto, que habrá pagado, a lo sumo, cinco euros, y todavía me debe el préstamo que le hice el año pasado.

Éche certo que lle chamei a cobro en destino, pero que non se queixe tanto, que pagaría, todo o máis, cinco euros, e inda me debe o préstamo que lle fixen o ano pasado.

APUNTAMENTO:

Obsérvese, en relación con este último exemplo, un par de cuestións:

a) A locución galega equivalente á castelá cobro revertido é cobro # cobramento en destino, como xa se recolle no DRAG (cobramento en destino: Cobramento dun servizo con cargo non ao demandante do servizo senón ao destinatario dese servizo. A chamada telefónica con cobramento en destino debe estar autorizada polo receptor. SINÓNIMO cobro en destino).

b) Inda que non está recolleito como tal no DRAG, a acepción de chamar correspondente a “comunicar con [unha persoa ou un servizo], ou tratar de facelo, por medio do teléfono” tamén se utiliza en galego como intransitiva, isto é, cun complemento constituído polo pronome átono dativo de terceira persoa lle/s, no canto do pronome átono acusativo o(s)/a(s). Así, tanto se emprega a secuencia Chameille por teléfono coma Chameino/Chameina por teléfono, sen que o emprego do pronome dativo estea ligado, como podería semellar nun principio, nin ao fenómeno do cheísmo nin á influencia do castelán (de ser así, neste último caso o lle só se empregaría cando o complemento fose unha persoa de sexo masculino, pero non cando fose de sexo feminino).

● Tamén:

A lo más && A lo más, más && A todo tirar

A moito + verbo en infinitivo && A todo + verbo en infinitivo && Ó máis + verbo en infinitivo && A moito, moito

Ex.: Comería, a moito comera todo comeró máis comera moito, moito, unha ducia de pasteis.

Ex.: Éche certo que lle chamei a cobro en destino, pero que non se queixe tanto, que pagaría, a moito pagara todo pagaró máis pagara moito, moito, cinco euros, e inda me debe o préstamo que lle fixen o ano pasado.

● Tamén:

Como mucho && Como máximo

Como moito && Como máximo

Ex.: Comería, como moitocomo máximo, unha ducia de pasteis.

Ex.: Éche certo que lle chamei a cobro en destino, pero que non se queixe tanto, que pagaría, como moitocomo máximo, cinco euros, e inda me debe o préstamo que lle fixen o ano pasado.

● Mesmo tamén, en certos contextos:

Si acaso

Se acaso && Se un caso

Ex.: En nuestra época no se celebraban los cumpleaños con tanta fiesta como ahora. A lo sumoSi acaso, te daban un regalo y podía haber una tarta o pasteles a la hora del almuerzo.

Na nosa época non se celebraban os aniversarios con tanta festa coma agora. Todo o máisSe acasoSe un casoComo moitoComo máximoA moito facer, dábanche un presente e podía haber unha torta ou pasteis á hora de xantar.

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Castro Otero, Salvador et alii: “Botando unhas liñas no mar do Morrazo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 127-150. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 fernandolourido

(...) e o préstamo que lle fixen o ano pasado aínda mo debe.