Traballadores de Ence increpan ao goberno de Poio logo de rexeitar unha iniciativa do PP en apoio á empresa

Uns 150 operarios de Ence concentráronse ante o Concello cunha pancarta coa mensaxe 'Polo pan dous nosos fillos, si a Ence'. A maioría accedeu ao salón de plenos para seguir o debate da moción.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/04/2019 | Actualizada ás 22:13

Comparte esta noticia

Traballadores de Ence increparon con berros de 'Vende-obreiros' e 'Lerchos' ao grupo de goberno formado por BNG e PSOE durante o pleno do Concello de Poio, o último deste mandato antes das eleccións municipais.

Os votos do bipartito e da concelleira non adscrita, Silvia Díaz (de Avante Poio, e que pertencía ao grupo nacionalista) rexeitaron unha moción do PP que pedía "apoio e solidariedade" da corporación aos empregados directos e indirectos da fábrica, provocando á ira do persoal que arroxou os seus carteis coas lemas 'Ence si paro non' ante o alcalde e os edís.

Antes do pleno, que comezou cuns 10 minutos de atraso sobre a hora prevista debido á pitada e ás protestas dos traballadores, uns 150 operarios de Ence concentráronse ante o Concello cunha pancarta coa mensaxe 'Polo pan dous nosos fillos, si a Ence'. A maioría accedeu ao salón de plenos para seguir o debate da moción.

O portavoz do PP, Ángel Moldes, expresou a súa "sorpresa" pola presenza de axentes da Policía Local e da Garda Civil argumentando que "os veciños non son delincuentes, senón traballadores". O alcalde, Luciano Sobral, replicou que os efectivos policiais foran convocados pola subdelegación do Goberno, non polo Concello, ademais de mostrarse "seguro" de que non sería necesaria a súa intervención.

No entanto, ningún dos portavoces do BNG nin do PSOE puido exercer integramente a súa quenda de réplica polas constantes interrupcións dos traballadores. Un dos empregados, que dixo ser economista, expuxo que Ence recibía "premios internacionais a nivel medio ambiental" fronte ás sancións europeas pola presenza de "augas fecais" na Ría. Ademais de insistir en que o traslado da factoría custaría 800 millóns de euros e "non é viable", esixiu ao goberno local de Poio "non falar desde a demagoxia" e "ser sensatos".

Pola súa banda, o portavoz do BNG, Xulio Barreiro, sinalou que o seu partido "non enganou a ninguén" e sempre tivo "a mesma postura" a favor do peche de ENCE. O seu homólogo do PSOE, Gregorio Agís, mostrouse partidario do "traslado mantendo os postos de traballo". Pola contra, a presidenta do comité de empresa nas oficinas centrais de Ence, Ana Cedeira, cualificou de "irresponsables, impresentables e lerchas" aos representantes de ambos os partidos e acusou ao PSOE de actuar "por votos".

Traballadores de Ence increpan ao goberno de Poio, que rexeitou unha moción do PP en apoio á empresa pasteira
Traballadores de Ence increpan ao goberno de Poio, que rexeitou unha moción do PP en apoio á empresa pasteira | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xoan Nieto

Faltan os de CCOO (o sindicato do PCE), sempre traizoando á clase traballadora e manisfestándose hai unha semana xunto a BOX, Ciudadanos e a patronal. Hai décadas que coñecemos da súa traizón (o naval en Vigo, as pensións etc), mais non sabiamos que chegarían ir da man do PP na defensa dos traballadores. Será curioso, señor Sarmiento, de que se ríe.. de que se ríe...