A pianista Elisabeth Leonskaja estará este fin de semana na Coruña xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia

A pianista xeorxiana Elisabeth Leonskaja ofrecerá este venres e sábado senllos concentos na cidade herculina.

Por E.P. | A CORUÑA | 09/05/2019 | Actualizada ás 13:36

Comparte esta noticia

A pianista xeorxiana Elisabeth Leonskaja ofrecerá este venres e sábado senllos concertos na Coruña xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), segundo informa o conxunto orquestral.
Leonskaja regresará así á programación da Orquestra Sinfónica de Galicia para interpretar o Concerto para piano número 4 de Ludwig van Beethoven, baixo a dirección de Michal Nesterowicz nos dous concertos que ofrecerán no Palacio da Ópera, ás 20,30 e 20,00 horas, respectivamente.

O programa de ambos os concertos inclúe a interpretación da Sinfonía número 5 do compositor británico Vaughan Williams, tamén baixo a dirección de Nesterowicz. Nada en Tbilisi, Xeorxia, nunha familia rusa e nena prodixio con concertos ao once anos, Elisabeth Leonskajaya participou como solista xunto a orquestras a Filarmónica de Nova York, Filarmónica de Los Ángeles, Orquestra de Cleveland, Philharmonia Orchestra ou London Symphony Orchestra, entre outras.

Orquesta Sinfónica de Galicia
Orquesta Sinfónica de Galicia | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta