Feijóo: “Estou sorprendido de que o BNG e Lores lle pidan o voto aos galegos para apoiar a independentistas”

“A deriva do BNG cara o independentismo pareceme que é un erro histórico e por iso logo empatan en votos con Vox”, asegura.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/05/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, volveu cargar contra a alianza do BNG con ERC e Bildu para as europeas e criticou duramente a esta formación e a rexedores como Miguel Anxo Fernández Lores por “pedirlle o voto aos galegos para apoiar a independentistas”.

Arnaldo Otegi nun acto político
Arnaldo Otegi nun acto político | Fonte: Publico.es

O líder do PPdeG asegurou que “non comparte absolutamente nada” da visión territorial do BNG pola elección de Bildu e ERC como socios para as europeas. “E como galego síntome soprendido de que lle pidamos votos aos galegos para apoiar a independentistas da candidatura de Bildu, Batasuna e ERC”, engadiu.

De feito, amosouse sorprendido porque Lores, o alcalde máis representantivo dos nacionalistas e que leva no cargo desde o 1999, “pida o voto para Bildu e ERC o mesmo día no que se presenta á candidatura de Pontevedra”. “Alá os estrategas do BNG pero esta deriva do BNG cara o independentismo pareceme que é un erro  histórico e por iso logo empatan en votos con Vox”, asegurou.

“Nin a independencia de Galica nin o centralismo español teñen futuro entre os votantes moderados de Galicia, que son a inmensa maioría”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Gamela

case a clava... non é que pidan o voto para os independentistas... o peor do conto é que piden que os votos dos galegos servan para que Galicia nunca teña voz propia en Europa nin Madrid... e iso sí que é unha barbaridade e o único culpable chámase UPG !!!

1 Bokeixön

Si señò, sempre è a culpa da U, jajajajjajajajajajaja

2 Jokin

Está vostede enfermo. O seu sectarismo antiBNG xa é patolóxico. Acougue porque verá a Ana moitos anos no europarlamento (e traballará incluso pra xente coma vostede, que non a merece!).

3 Gamela

a miña enfermidade ten fundamentación na prensa diaria, esa que semella non ler o BNG ou que se o fai nunca comenta nos seus discursos á plebe... (débennos considerar a todos parvos!) Con quen imos negociar o prezo da enerxía que producimos en Galicia: directamente con Naturgy o terémolo que facer vía Cambra de Barcelona presidida pola ANC ? Se dicimos Agora Repúblicas nós que somos, unha nova Colonia de Cataluña? https://www.lavanguardia.com/econom...