Un home de 64 anos das Pontes morre nun accidente na AP-9

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/05/2019 | Actualizada ás 15:06

Comparte esta noticia

O condutor dun turismo, un home de 64 anos, resultou falecido este sábado nun accidente na autoestrada AP-9 ao seu paso pola parroquia compostelá de Marantes, segundo informa o 112.

Ocorreu pasadas as 11,00 horas deste sábado. Un equipo médico acudiu a bordo do helicóptero con base na capital galega, pero só foi posible certificar a morte da persoa, que entrara en parada cardiorrespiratoria.

O falecido é o condutor do vehículo, un home de 64 anos de idade, A.G.F., veciño das Pontes, que viaxaba nun Lancia Delta, segundo precisou a Garda Civil. Os labores de asistencia ao condutor obrigaron a interromper o tráfico, á altura do punto quilométrico 58 en sentido sur. Varios efectivos continuaron no lugar ata a retirada do coche accidentado.

Este operativo completárono axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal do control da autoestrada. Dos feitos instrúense dilixencias por parte do equipo de atestados de tráfico que serán remitidas ao Xulgado da mesma localidade.

Garda Civil de Tráfico
Garda Civil de Tráfico | Fonte: legaccidentes.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta