Jácome (Democracia Ourensana) abandona o debate da Radio Galega e o PP critica a súa "falta de respecto"

O candidato á Alcaldía deixou o debate ao non poder gravalo cunha cámara para a súa televisión local. Denuncia que "a TVG obedece a PP ou PSOE segundo quen goberne na Xunta".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/05/2019 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O candidato de Democracia Ourensá á Alcaldía, Gonzalo Pérez Jácome, abandonou este luns o debate electoral da Radio Galega ao non poder gravalo cun cámara para a súa televisión local. Esta decisión foi criticada polo PP da Ourense, que cargou contra "a covardía, falta de respecto e diálogo do propietario de Democracia Ourensá".

Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana
Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana | Fonte: ourensedixital

Nun comunicado, o candidato de Democracia Ourensá tacha de "atropelo" o sucedido mentres asegura que ten claro a súa lema: "Non sen o meu cámara". Deste xeito, denuncia que "a TVG obedece a PP ou PSOE segundo quen goberne na Xunta". "Por que un medio público non quere que o seu sinal sexa máis difundido?", pregúntase.

Sobre este extremo, noutro comunicado, os populares ourensáns afean o "desprezo" de Jácome ao medio público, xa que "é lamentable que unha persoa que pretende representar a todos os ourensáns se negue a falar co resto de candidatos e responder as preguntas dos profesionais da Radio Galega".

RESPOSTA DA TVG

Pola súa banda, fontes da CRTVG explican que os debates da Radio Galega "son exclusivamente para o medio radiofónico" sen a presenza de cámaras e "así foi deseñado e comunicado a todos os participantes". Por iso, "introducir a imaxe no seu formato sería un incumprimento sobre o previamente comunicado".

Neste sentido, a realización destes debates "son competencia exclusiva da CRTVG", polo que levan a cabo determinados polos criterios establecidos polo plan de cobertura presentado ante a xunta electoral. "En ningún caso este documento contempla a posibilidade de que un particular poida sumir competencias sobre a realización dos diferentes produtos informativos propios da cobertura de campaña", agrega. Ademais, estas mesmas fontes remarcan que a emisión dos debates é pública e accesible pola FM e pola web "para calquera cidadán particular ou institución".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Donas

O mellor exemplo de "político" -tipo- que pode presentar o PP: Un gañán, machista, diglósico-castrapeiro (e o pobriño pensa que sabe falar galego pero só fala un español patético...) é inculto orgulloso. Iste é o nivel.