Unha trintena de voluntarios constrúen refuxios de fauna na contorna do Monte Pedroso de Santiago

A iniciativa, impulsada por Abanca, conta coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2019 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

Un grupo de voluntarios da Obra Social de Abanca desenvolveu o pasado sábado unha nova acción de coidado do patrimonio natural na Granxa do Xesto e no Parque Forestal Selva Negra, en Santiago de Compostela.

En concreto, case trinta voluntarios traballaron nun taller de elaboración e colocación de refuxios de fauna, así como nunha mesa de biodiversidade, para pór en valor a riqueza natural que atesoura a contorna do Monte Pedroso.

Nesta expedición, os voluntarios estiveron acompañados polos expertos do Grupo Naturalista Hábitat, que asesoraron aos participantes sobre a fabricación destes refuxios. A actividade tamén contou coa colaboración do Concello de Santiago de Compostela e estivo enmarcada dentro da Semana Internacional do Voluntariado Corporativo, Give&Gain, que organiza Forética.

Esta actividade forma parte do proxecto 'Traballando pola mellora do patrimonio natural' do banco e a súa obra social, que inclúe distintas actividades para a posta en valor e conservación do medio natural. Así, nas próximas semanas, os voluntarios continuarán o seu labor con novas accións en puntos de especial interese ambiental, como as Fragas do Eume, a contorna da Torre de Hércules ou as Illas Cíes e Ons.

Unha trintena de voluntarios de Abanca constrúen refuxios de fauna na contorna do Monte Pedroso de Santiago. ABANCA
Unha trintena de voluntarios de Abanca constrúen refuxios de fauna na contorna do Monte Pedroso de Santiago. ABANCA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta