Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2019 | Actualizada ás 12:46
A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o seu concerto semanal de abono no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, este xoves, mentres que o venres tocará no Círculo das Artes de Lugo, dúas citas nas que seguirá a batuta do músico franco-alemán Nicolas Altstaedt.
Baixo o título 'Carreiros da Gloria', o programa comezará con 'Le tombeau de Couperin', de Maurice Ravel, á que seguirá o Concerto para Violoncelo número 1 de Dmitri Shostakovich, que será interpretado polo propio Nicolas Altstaedt.
O público asistente poderá gozar tamén da elexía 'En memoria de Rupert Brooke', do compositor australiano Frederick Septimus Kelly. Finalmente, os concertos de Santiago e Lugo concluirán coa Sinfonía número 100 'Militar' de Franz Joseph Haydn.
Antes da celebración do concerto de abono do xoves en Santiago, o público poderá manter unha charla previa co director. A cita será ás 19,45 horas na Sala Mozart do Auditorio de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.