Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/05/2019 | Actualizada ás 13:22
Un operario resultou ferido na mañá deste luns ao precipitarse desde unha altura de seis metros mentres traballaba nas obras dun edificio situado na Rúa Manuel Beiras en Santiago de Compostela.
Segundo informou o 112 Galicia, efectivos dos servizos sanitarios informaron o servizo de emerxencias dos feitos minutos despois das 9,00 horas deste luns.
Tras iso, o 112 alertou á Policía Local e Nacional e tamén aos voluntarios de Protección Civil por se fose necesaria a súa colaboración. O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia medicalizada que evacuou ao traballador ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, confirmaron fontes sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.