Un colexio de Boiro será pioneiro na súa adaptación para o voto de persoas con discapacidade intelectual

O obxectivo deste proxecto é facilitar participación de persoas con discapacidade intelectual o día das eleccións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2019 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

Un colexio electoral de Boiro, na provincia da Coruña, será pioneiro este domingo ao estar adaptado para o voto das persoas con discapacidade intelectual.

A iniciativa para adaptar o centro electoral do colexio de educación infantil e primaria Pazos-Comoxo, situado en Comoxo (Boiro) xurdiu da Asociación Amicos e foi presentada a través da Delegación do Goberno en Galicia.

A Xunta Electoral da Zona de Noia apoiou este venres a proposta, que beneficiará a unhas 80 persoas que están censadas neste punto.

Desta forma, membros da Asociación acudirán á primeira hora para desenvolver a iniciativa, que axudará ás persoas con discapacidade intelectual a votar nas eleccións municipais e europeas, entre o dez e as doce da mañá.

Á entrada do colexio situarase un pictograma informativo e outros gráficos de apoio, para indicar as distintas mesas electorais e a actividade nas cabinas de votación, a mesa de papeletas e as propias mesas nas que se vota. Todos os pictogramas están apoiados polo Ministerio de Sanidade.

"O obxectivo último deste proxecto é facilitar a súa participación o día das eleccións, adaptando as instalacións, mesa electoral e recursos para a súa comprensión, servindo como experiencia para unha posible adaptación en futuros procesos electorais", sinalou a entidade, que remarca que é "fundamental crear espazos para todos e construír comunidades inclusivas".

DELEGACIÓN DO GOBERNO
DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta