O PP reforza a súa maioría absoluta en Marín con catro concelleiros máis

A alcaldesa popular María Ramallo poderá revalidar un novo mandato pero de forma máis ampla que fai catro anos. Gaña sete puntos porcentuais de apoio ata o 55,55%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/05/2019 | Actualizada ás 00:42

Comparte esta noticia

O Partido Popular aumenta a súa maioría absoluta no municipio pontevedrés de Marín, ao sumar catro edís máis ata un total de 15 (tiña 11 en 2015), co 100% dos votos.

De tal forma, a alcaldesa popular María Ramallo poderá revalidar un novo mandato pero de forma máis ampla que fai catro anos. Gaña sete puntos porcentuais de apoio ata o 55,55%.

Pola súa banda, o PSdeG aumenta de catro a cinco concelleiros, mentres o Bloque perde dous edís e queda só nun. Pola súa banda, a marea de Marín deixa de ter representación (tres concelleiros en 2015).

Imaxe do centro urbano de Marín
Imaxe do centro urbano de Marín | Fonte: foto wikimediaCCPR

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta