GC Aberto

Ciberactivismo para reclamar un referendo sobre as touradas

Galicia, Mellor Sen Touradas moviliza aos seus seareiros nas redes sociais para pedir unha consulta popular sobre o financiamento da tauromaquia na Coruña.

Por axencia | GC ABERTO | 01/02/2012

Comparte esta noticia

Os abolicionistas están a movilizar os seus recursos na rede para sumar apoios ás diferentes peticións dun referendo sobre o financiamento dos festexos taurinos da cidade da Coruña, que no periodo 2009-2011, correspondente ao último contrato de explotación, supuxeron unha subvención por parte do concello superior aos 426.000€.

Esta campaña de presión xurde en resposta ao encontro que responsables da plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas tiveron coa concelleira de Cultura o pasado 26 de xaneiro e que rematou sen ningún compromiso sobre o non financiamento público da tauromaquia. O Partido Popular, que goberna na Coruña dende as pasadas eleccións municipais, chegou a valorar o custo dunha hipotética consulta cidadá, cifrado en 40.000€ pola plataforma abolicionista, como “moi caro”, a pesares de ser unha inversión 10 veces menor que o último convenio protouradas local. O Concello non so abona unha cantidade cuxo montante varía segundo o IPC (a partires de 128.500€), senón que se ofrecen espazos públicos como o Coliseum a custo cero.

A meirande parte dos coruñeses rexeita esta política de gasto, pero non poden decidir sobre a mesma xa que o consistorio gobernado polos conservadores négase a convocar un referendo. Unha enquisa independiente elaborada en 2010 cifraba nun 73,2% os contrarios á subvención municipal.

A PETICIÓN PODE ASINARSE NA SEGUINTE LIGAZÓN:  IR.GL/ABOLICION

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 yEkaeQCZNegZZ

Moitos de nf3s temos algfan parente que sofre esta edmnrfidaee en particular.A hernia discal ocurre cando a parte do disco intervertebral (nfacleo pulposo)se desplaza cara a raedz nerviosa,a presiona e produce lesions neurolf3xicas derivadas de esta lesif3n.As dores sonn irritantes e continuas.Ultimamente estase a detectar esta edmnrfidaee de maneira pronuncioda tame9n en cans.Nos humanos e9 me1is frecuente en persoas dunha avanzada idade debido a movementos bruscos ou porque as ve9rtebras se deterioran.Os raios X e a intervencif3n cirfarxica da que fala o post garante detectar e curar este problema grave.