Asemblea urxente do Encontro Irmandiño para decidir o seu futuro no BNG

A Coordinadora do Encontro Irmandiño (EI) mantivo unha xuntanza na noite do xoves e por unanimidade decidiu saír do BNG. Con todo, a decisión teñen que tomala os afiliados. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza apostan por saír.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2012 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Por iso decidiron convocar unha asemblea urxente, a cuarta que celebra este movemento.  Terá lugar o domingo 12 de febreiro. Nese cónclave decidirase se o futuro de EI está dentro ou fóra do BNG.

Sen embargo, a postura dos membros da coordinadora foi unánime a favor da saída do BNG. A xuntanza, que comezou a partir das 21.00 horas do xoves, prolongouse durante horas, até a madrugada do venres.

O propio Xosé Manuel Beiras, logo da asemblea nacional do BNG do pasado domingo, suliñou que o seu futuro no BNG dependería do que decidiran os militantes da súa corrente. O acontecido durante este cónclave --con insultos cara a súa figura-- e o aumento da tensión entre a UPG e as distintas corrrentes fan "inviable", segundo a coordinadora do EI, unha convivencia pacífica.

As mocidades, tamén a favor

Pero os irmandinhos non son os únicos que se queren marchar do BNG. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza  están a favor da excisión. Nunha xuntanza, tamén celebrada onte, e á que asistiron uns 70 mozos, apostouse tamén por abandonar o BNG. Unha decisión casi unánime xa que só se opuxeron a ela dúas persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 403 comentarios

117 Sentidiño

403 comentarios! 😮 Saúde e república, feliz 2020.

116 MariaJR

Unha pena que pasen cousas así.

115 Sandra

Creo que se lle acaban 30 anos de negocio á UPG. Veredes, veredes...

114 ana quiro

Pois tes boa preocupación rapaz ou rapaza todosomosbloque. E que con esa teima podes acabar contigo, porque pensa, e si queda alguén fora do bloque? non ves que é un imposible o que queres?. arrastrachelocupolaspallasefixechelacamanochanemollachelaverberechiñaqueatiñassequiñadovran.

1 todossomosbloque

Eu só non. Hai moita xente na sociedade e no Bloque que pensa coma min ou coma nos. Mira senon como está ERC coas suas multiples escisións. Ou traballamos todos xuntos nunha dirección colexiada respectando as opinions de todo e cun proxecto que convenza a cidadania ou imos a merda.

113 todossomosbloque

Acabo de crear unha dirección de correo electronico todossomosbloque@gmail.com para que toda a xente que esté dacordo en que o Bloque debe seguir unido porque a escisión suporía a fin do nacionalismo galego(fin no Congreso, marxinalidade a nivel municipal e autonomico) e para acabar coas persecucións internas dentro do Bloque, onde o mellor activo e o militante do Bloque e non e nin a UPG, nin Beiras nin +G. Neste correo deixade unha mensaxe de aopios e ideas.