Temas: FRASEOLOXíA

Formas de dicir galegas equivalentes a “darle una paliza a alguien” (1ª parte)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 09/06/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Imos desta volta abordar os xeitos de dicir de que dispomos en galego para expresar o contido de lle dar, á mantenta, moitos golpes a alguén... e abofé que contamos cunha chea de expresións para facelo. Tal é así que (e ben seguro que inda ha de haber por aí bastantes máis secuencias expresivas das que nós imos reflectir), por mor de facer máis dixerible o artigo, o imos dividir en varias entregas. Velaquí a primeira:

Guidetti pelexa polo balón coa defensa castellonenca.
Guidetti pelexa polo balón coa defensa castellonenca. | Fonte: lfp.es

Dar a alguien una (buena) paliza # tunda # zurra # soba # felpa # solfa # somanta # tocata # tollina # zamina # zurribanda

{= Darlle moitos golpes, á mantenta, a alguén (ou mesmo tamén a un animal).}

[EMPREGANDO VOCES RECOLLEITAS NO DRAG CON ESTE SGDO.]: Darlle unha (boa) malleira # boura # brea # carpanta # felpa # frega # marimba # palerma # quenta # soba # tunda # xota # zurra

[EMPREGANDO OUTRAS VOCES OU BEN NON RECOLLEITAS NO DRAG OU BEN NON RECOLLEITAS CON ESTE SGDO.]: Darlle unha (boa) chea # cagadura # chosca # malladura # peta # petada # sacudida # sacudidura # socha # tolena # xaveca # xiba

Ex.: Cuando le dijeron lo que había hecho, fue a su encuentro y le dio una buena paliza.

Cando lle dixeron o que fixera, tívolle o camiño e deulle unha boa malleirabourabreaquentacheacagadurapetatolena.

● Tamén:

Sacudirle la badana && Menearle # Sacudirle # Zurrarle el bálago && Zurrarle la pavana && Tocarle # Zurrarle la pámpana && Tocarle la solfa

Cargarlle o carro && Quentarlle a badana # a manta # a pavana # o santiño # a alma && Andarlle na badana && Mazarlle # Mallarlle # Sobarlle # Untarlle # Zurrarlle a badana && Zouparlle # Zurrarlle a pavana && Irlle ó lombo # ó vulto && Andarlle no lombo # co lombo && Cotearlle # Catarlle # Quentarlle # Sacudirlle # Mazarlle # Fenderlle # Marcarlle # Untarlle # Medirlle # Mantearlle o lombo && Darlle unha manta de leña && Quentarlle as orellas && Poñerlle as costelas nun feixe # os ósos nun feixe && Xuntarlle os ósos nun feixe && Andarlle coas costelas # coas tabaqueiras # coa albarda # coa roupa das festas && Andarlle # Darlle nos fociños && Achegarlle # Chegarlle a roupa ó corpo && Achegarlle # Chegarlle a albarda adiante && Andarlle na mea && Poñelo en vinagre && Darlle para peras && Andarlle nos dentes # cos dentes && Darlle leña # estaca # torga # candea && Limparlle o forro

NOTAS:

1. A voz frega tamén é susceptible de se empregar en plural con este mesmo significado: darlle a alguén unhas (boas) fregas.

A voz socha pronúnciase con “o” aberto.

2. Facemos seguidamente un pequeno acordo de léxico presente neste artigo que se cadra resulta descoñecido ou dubidoso para algúns lectores (de tirarmos literalmente a definición do Dicionario da Real Academia Galega [DRAG] en liña, sinalámolo):

Badana (DRAG): substantivo feminino 1. Pel curtida de carneiro ou de ovella, de baixa calidade, que se emprega para forrar outros obxectos de pel, para encadernar etc. Uns zapatos forrados de badana. 2. Pel que cae pola parte de abaixo do pescozo do gando vacún. A correa da choca rózalle na badana. Sinóns.: barbada, barbadela, papada, papeira, papo. [EN PRINCIPIO SUPOMOS QUE AS FRASES RECOLLEITAS NO PRESENTE ARTIGO PARTEN DA PRIMEIRA ACEPCIÓN DA PALABRA.]

Pavana (DRAG): substantivo feminino 1. Danza solemne de orixe italiana, movementos pausados e tempo lento. A pavana estivo de moda nos séculos XVI e XVII. 2. Música que acompaña esta danza. Fauré e Ravel foron ilustres compositores de pavanas. [ADEMAIS, NO DICIONARIO DE DICIONARIOS TAMÉN SE RECOLLEN OUTROS SIGNIFICADOS DESTA VOZ, ENTRE ELES O DE “ESCLAVINA”, QUE SUPOMOS QUE É DO QUE HAI QUE PARTIR PARA ENTENDER A CREACIÓN DAS PAREMIAS AQUÍ REFLECTIDAS.]

Cotear (DRAG): verbo transitivo Pasarlle o caínzo a [a terra] despois de arada ou sementada para achaiala. Cotearon a leira despois de botar o millo. Sinón.: cotexar.

Catar (DRAG): verbo transitivo 1. Tomar unha pequena cantidade de [comida ou bebida] para apreciar o seu sabor e xulgar as súas calidades. Catar un viño. Sinóns.: degustar, probar. 2. Examinar con atención na procura de [algo, en particular pulgas ou outros parasitos]. Catarlle as pulgas ao gato. Confróntese: espiollar. 3. Considerar con atención, ter coidado. Cata o que vas facer. Cata que non che rouben a carteira. 4. Buscar. Vai na cortiña catar unha pouca herba. Cátame as lentes. 5. Extraer o mel de [unha colmea], deixando unha parte para que se alimenten as abellas. Catar os cortizos. Sinóns.: castrar, escarzar, esmelgar, rabechar. 6. Recoller [un froito]. Vai catar as patacas á horta. Confróntese: apañar.

Tabaqueiro, tabaqueira (DRAG): adxectivo 1. Relativo ou pertencente ao tabaco ou á súa elaboración. A industria tabaqueira. // substantivo 2. Persoa que traballa na elaboración do tabaco. Durante varios anos traballou de tabaqueira. // substantivo feminino 3. Estoxo, caixa ou bolsa para gardar o tabaco. Unha tabaqueira de prata.

Mea (DRAG): substantivo feminino Madeixa. Dos bagos faise o viño e das febras as meas.

Torga (DRAG): substantivo feminino 1. Arbusto da familia das ericáceas do que existen varias especies moi comúns en Galicia, de follas moi pequenas, flores brancas ou malvas, e de ata tres ou catro metros de altura. Das raíces da torga facíase carbón. Sinóns.: breixo, urce, uz. Confróntese: carrasca, queiroga. 2. Pau que se ataba en sentido horizontal ao pescozo de certos animais para obstaculizar o seu paso por lugares estreitos. Mesmo ceibaban os porcos no curral cunha torga. Sinóns.: canga, cangalla, tambullo, tarambollo, toromballo, traba, trabanco, tranganillo. 3. Vara verde flexible que se utiliza para atar. Ataron as cepas con torgas. Sinóns.: vimbia, vimbio, vime, vimia. [PREVISIBLEMENTE A PAREMIA AQUÍ INDICADA PARTE DESTA ÚLTIMA ACEPCIÓN.]

3. As expresións galegas están tiradas das fontes que a continuación se indican:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.

- Filgueira Valverde, X. F. & Tobío Fernandes, L. & Magariños Negreira, A. & Cordal Carús, X.: Vocabulario popular castelán-galego. Publicado por entregas en 1926. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Franco Grande, Xosé Luís: Diccionario galego castelán e vocabulario castelán-galego (2ª edición). Publicado en 1972. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Ibáñez Fernández, José: Diccionario galego da rima e galego-castelán. Publicado en 1950. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Leiras Pulpeiro, Manuel: Vocabulario elaborado por Manuel Leiras Pulpeiro, datado en 1906. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “O labor de fraseógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 59-77. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Otero Álvarez, Aníbal: “Hipótesis etimológicas referentes al gallego-portugés”, CEG XXVI/80, pp. 287-306. Ano 1971.

- Real Academia Galega: Diccionario gallego-castellano, de entre 1913 e 1928. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez Gil, Francisco Javier: Diccionario gallego-castellano. Versión manuscrita (1855) e versión publicada en 1863 consonte a edición preparada por Antonio de la Iglesia González.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario castellano-gallego. Publicado en 1884. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta