Asociacións de pais piden sacar o wifi das aulas

Ecoloxistas e a ANPA de Lugo esgrimen un informe a Axencia Internacional de Investigación do Cancro para pedirlle á Xunta que cambie o internet sen fíos por cabo nas aulas públicas do Proxecto Abalar.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 09/02/2012 | Actualizada ás 14:13

Comparte esta noticia

Representantes das Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) de Lugo e dos colectivos APDR e os ecoloxistas de ADEGA reuníronse co subdirector xeral de sistemas informáticos da Consellaría de Educación, Carlos Vázquez, para trasladarlle a proposta de substituir o acceso a internet vía "wifi" por cabo nas aulas do proxecto Abalar.

None

En opinión dos pais e dos ecoloxistas, a exposición continuada das persoas á radiación electromagnética, particularmente dos nenos e nenas en idade escolar através dos móbiles e do sistema "wifi", pode causar graves danos á saúde como recoñece a Axencia Internacional de Investigación do Cancro (IARC), dependente da Organización Mundial da Saúde.

Os activistas lembran que o "propio Consello de Europa recomendou en maio de 2011 tomar medidas urxentes para reducir a exposición a este tipo de radiacións".

Unha das medidas recomendadas dende Bruxelas é o emprego de sistemas como o cable no canto de Wifi, por seren os nenos e as nenas un sector da poboación dos máis sensibles a este tipo de radiacións. Pola contra, o único sistema de acceso a Internet que a Xunta propón no proxecto Abalar para os centros de ensino é o sistema Wifi,  moito máis barato que o cabo. Os pais cren que o wifi "supón un alto risco para a saúde dos nenos e nenas e vai en contra das recomendacións da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa".

O proxecto Abalar ten como obxectivo a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia,  O Estado español tampouco é alleo a estas demandas: son moitas as organizacións que, através da campaña "Escola sen Wifi" da Plataforma Estatal contra a Contaminación Electromagnética, están a avogar pola retirada do sistema "wifi" das escolas e a instalación da rede por cabo.entros educativos e, portanto, o gasto de recursos e fondos públicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

1 Nilo

Meu Deus que tolemia! E esta é a xente que se queixa dunha antena a 1000 m por emitir 5 W e logo dislle que se queren evitar o cancro o PRIMEIRO que teñen que facer é deixar de usar o móbil que emite 1 ou 2 W e tédelo pegado á sien, e lévadelo no peto todo o día. Pero claro cando lle dis iso que non lles quiten o móbil por nada do mundo, pero a antena que está a 200 metros e ten pouca máis potencia que o móbil esa dana irreversiblemente. Que amarelismo, e eu tíñalle algo de repeto a ADEGA. A OMS alerta do uso do móbil non alerta de perigo ningún coa WiFi

1 Ecoloxista consciente

Infórmate denantes de botar a língua a pacer: http://www.apdr.info/escolasenwifi....

2 Nilo

Bueno meu estou bastante formado no tema, e xa nin falemos da WiFi eu estaba falando de telefonía celular (BTS`s e móbil) porque vamos é que na WiFi non hai por onde collelo. A web que me pasas é para botarse as mans á cabeza, nin falemos dela. Colle a todos os pais que protestan sobre isto e gustariame saber a min cantos lle regalaron un móbil aos seus fillos porque o único risco obxectivo medido está no uso prolongado do teléfono celular (Por certo prefiro está nomenclatura xa que se entende moito mellor do que estamos a falar) é que xa non é descoñecemento é hipocresía que primeiro deixen de falar polo móbil, ah claro! pero diso nada non?

3 Nilo

Que non me malinterpretes non me parece mal que os pais adiquen esforzos a estas cousas, pero é que están moi mal enfocados e hai estudos de xente seria que ratifica o que digo. Se por exemplo adicaran os seus esforzos a non deixar móbiles encendidos ao lado do rapaz, na mesilla de noite, ou na cama cando durmen ... non pasarllo na medida do posíbel, que usa o fixo esas cousas si son importantes. E están totalmente mal enfocados nos problemas.