Valdeorras vai de feira e aposta pola innovación

No Pleno do Consello Regulador, celebrado o luns 10 de xuño, anunciouse que a XXII edición da Feira do Viño será os días 13 e 14 de xullo e deuse a coñecer unha aplicación informática que facilitará a comunicación entre a D.O. e os adegueiros.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 12/06/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Feira do Viño de Valdeorras, a maior cita do ano cos viños deste territorio amparado, xa ten datas de celebración. Será a fin de semana do 13 e 14 de xullo e o lugar habitual destes últimos anos, a praza de Viloira. Tamén como en edicións recentes o foro contará con numerosas adegas da D.O. Valdeorras e cunha axenda de actividades paralelas de carácter lúdico e festivo por concretar nas vindeiras semanas.

Casetas na Ferira do Viño 2018. Foto: XMF
Casetas na Ferira do Viño 2018. Foto: XMF

Como é habitual tamén, cun par de días de antelación a esas datas terá lugar a XX Cata Oficial dos Viños Valdeorras nas instalación do Consello Regulador.

José Luis García Pando, Presidente da D.O., puxo en valor a Feira coma “un dos escaparates máis sobresaíntes para os viños da zona” e resaltou que, edición tras edición, este foro “consolídase e gaña máis público”, razón pola que quixo animar “a todas as adegas a estar presentes con stand propio no recinto feiral de Viloira”. 

A D.O. VALDEORRAS INNOVA

No mesmo Pleno do Consello Regulador presentouse e habilitouse un software específico, a través duna app deseñada por encargo baixo a denominación de mi.consejovaldeorras co obxectivo de canalizar as comunicacións que se realicen entre o organismo e as adegas que o integran.

Segundo palabras de García Pando, “trátase dun xestor de contidos cun sistema de comunicación vía enderezo electrónico e un sistema de notificación para iOS e Android que permitirá xerar un espazo privado e encriptado, con certificación específica, para achegar información en tempo real aos seus usuarios/as”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta