Temas: FRASEOLOXíA

Formas de dicir galegas equivalentes a “darle una paliza a alguien” (2ª parte)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 17/06/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Imos seguir avanzando un pouquiño máis na senda, principiada a pasada semana, das expresións que temos en galego para dicirmos que se lle dan, á mantenta, moitos golpes a unha persoa ou animal:

Lucas Vázquez golpea a Sidnei nunha lea na área deportivista.
Lucas Vázquez golpea a Sidnei nunha lea na área deportivista. | Fonte: lfp.es

Dar a alguien una (buena) paliza # tunda # zurra # soba # felpa # solfa # somanta # tocata # tollina # zamina # zurribanda

{= Darlle moitos golpes, á mantenta, a alguén (ou mesmo tamén a un animal).}

[EMPREGANDO VOCES RECOLLEITAS NO DRAG CON ESTE SGDO.]: Darlle unha (boa) malleira # boura # brea # carpanta # felpa # frega # marimba # palerma # quenta # soba # tunda # xota # zurra

[EMPREGANDO OUTRAS VOCES OU BEN NON RECOLLEITAS NO DRAG OU BEN NON RECOLLEITAS CON ESTE SGDO.]: Darlle unha (boa) chea # cagadura # chosca # malladura # peta # petada # sacudida # sacudidura # socha # tolena # xaveca # xiba

Ex.: Cuando le dijeron lo que había hecho, fue a su encuentro y le dio una buena paliza.

Cando lle dixeron o que fixera, tívolle o camiño e deulle unha boa malleirabourabreaquentacheacagadurapetatolena.

● Tamén:

Menearle # Tentarle # Tocarle el bulto && Medirle las espaldas && Sacudirle el polvo && Darle para el pelo && Cascarle # Machacarle las liendres && Menearle el hato

Correrlle as xuntas && Medirlle # Abanearlle # Asentarlle # Apalparlle # Calcarlle # Sacudirlle as costelas && Sacudirlle o po # a polaina # a pandeireta # as pulgas # a estameña && Mazarlle a lendia && Asentarlle # Repasarlle as costuras && Catarlle as pulgas # os piollos && Andarlle cos calos arredor && Catarlle o colete # os colares && Bourarlle # Apalparlle # Calcarlle # Medirlle as costas && Mantearlle # Untarlle # Medirlle o lombo && Afeitalo sen navalla && Alumalo con pallas mortas && Moerlle os ósos && Poñelo nun pico picón && Darlle leña coma para parar un tren && Escorrentarlle o frío && Poñelo feito uns farrapos && Irlle á pel && Tocarlle o santo && Untarlle os verros # os vérragos && Cantarlle as corenta en bastos && Cascarlle a corpo cheo && Mazarlle a cotena && Andarlle coa palla da albarda && Arcarlle o pipo && Poñelo coma cera e pabío # coma un pandeiro && Bater nel coma nun pandeiro && Tocarlle o santo && Darlle coma Santiago ós mouros && Darlle tantas coma ó liño

● Tamén:

Poner a alguien como un pulpo && Moler a alguien a palos

Mazar # Mallar # Bourar en alguén coma nun polbo && Mazalo # Mallalo # Bourarlle coma a un polbo && Mallar # Bourar # Pegar en alguén coma no centeo verde # coma en centeo verde # coma nun centeo verde && Mallar # Bourar # Pegar en alguén coma no centeo (da eira) && Mallar # Bourar # Pegar en alguén coma no liño # coma quen maza no liño && Darlle a alguén tantas coma ó liño && Mallar # Bourar # Pegar en alguén coma no trigo # coma na la # coma nun faco # coma nunha cuba && Darlle máis paus ca a un centeo verde # ca á eira do trigo && Mallar # Bourar # Pegar en alguén coma nun saco de la # coma en saco de la # coma nun fol && Mazar en alguén a brazo aberto && Mazar # Mallar # Bourar # Pegar en alguén sen dó && Brear en alguén coma quen brea nun boi && Darlle a alguén máis paus ca lentellas dan por un peso && Facer cañeira en alguén coma no centeo verde # coma en centeo verde && Moelo # Mallalo # Mazalo a paus

NOTAS:

1. Na expresión catarlle os colares entendemos que a utilización da voz de colares se corresponde coa rexistrada na acepción 6 do DRAG, convén a saber:

«Parte anterior e superior dunha chaqueta, abrigo etc., que se dobra sobre a mesma peza de roupa. Agarrouno polos colares e ameazouno de morte. Sinóns.: lapela, solapa.»

Acepción que se vén a corresponder cunha das que presenta a voz castelá cuello e que en galego se adoita empregar en plural (de feito, na miña experiencia persoal nunca o escoitei empregar en singular con este significado).

2. Polo que atinxe á expresión mazarlle a cotena, rexistrada en varias fontes, hai que lembrar que a palabra cotena constitúe unha referencia festiva ou xocosa con que se designa a cabeza, tal e como se recolle no Dicionario de Dicionarios da Lingua Galega.

3. Facemos seguidamente un pequeno acordo de léxico presente neste artigo que se cadra resulta descoñecido ou dubidoso para algúns lectores (de tirarmos literalmente a definición do Dicionario da Real Academia Galega [DRAG] en liña, sinalámolo):

Polaina (DRAG): substantivo feminino Especie de media ou de botín feito de pano, que cobre a perna desde o nocello ata un pouco máis arriba do xeonllo e que, xeralmente, levan unha ringleira de botóns na parte exterior. As polainas son un elemento do traxe tradicional galego.

Estameña (DRAG): substantivo feminino Tea ordinaria feita de estame. Vestía hábito de estameña.

Lendia (DRAG): substantivo feminino Ovo do piollo. Tiña a cabeza chea de lendias. Sinón.: miúda.

Colete (DRAG): substantivo masculino Peza de vestir sen mangas para poñer por riba da camisa, que vai dos ombros á cintura ou á cadeira e se abotoa por diante. Xa non se leva o traxe con colete. Sinón.: chaleco.

Vérrago (DRAG): substantivo masculino Tumoración no tecido subcutáneo do gando vacún provocada pola presenza das larvas de determinadas moscas. O animal tiña o lombo cuberto de vérragos. Sinón.: verro.

Arcar (DRAG): verbo transitivo 1. Darlle forma de arco a [unha cousa]. Arcou un pau de carballo. Sinóns.: arquear, cambar. 2. Poñerlle os arcos ou aros a [un recipiente]. Parafinou e arcou os bocois nunha mañá.

Pipo (DRAG): substantivo masculino Pipote. Trouxo un pipo de viño.

Bourar (DRAG): verbo transitivo 1. Dar golpes fortes a [algo ou alguén]. Vouche bourar as costas! Sinóns.: brear, felpar, mallar, mazar. {OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido da preposición en. Bourou nel coma nun pandeiro.} // verbo transitivo 2. Traballar moito e con afán. Pasou a vida bourando e morreu pobre. Sinón.: bourear.

Pabío (DRAG): substantivo masculino 1. Cordón ou trenza de fíos de algodón ou de liño retorcidos da candea ou do candil. Púxolle un pabío novo ao candil. Sinóns.: matula, mecha, torcida. 2. Extremo superior queimado desta mecha. Cortou o pabío para que alumase mellor a candea. [VÉNSE A CORRESPONDER COA VOZ CASTELÁN *PABILO.]

Cañeira (DRAG): substantivo feminino 1. Vasoira para cañar. As cañeiras facíanse de xestas. Sinóns.: coañadeira, coañeira. 2. Lugar da eira onde se limpan os cereais despois de mallar. Varrer a cañeira. 3. Cama de mollos na eira. Os malladores batían co pértego nas cañeiras. 4. Lugar do curral onde se bota o mulime. Foi por unhas gavelas á cañeira. 5. Mulime que vai amolecendo e cocendo no curral ou en camiños enchoupados. A cañeira non che é tan boa coma o esterco. 6. Cama dun animal. A cañeira da lebre.

4. As expresións galegas están tiradas das fontes que a continuación se indican:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Barbeito Lorenzo, María Dolores: “Frases feitas do Concello das Neves”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 7, 2005, páxs. 293-301. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía de Sebil, 1”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 14, 2012, páxs. 287-308. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Cerviño Ferrín, María Victoria: “Fraseoloxía e paremioloxía en Sebil, 2”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 15, 2013, páxs. 441-462. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ferro Ruibal, Xesús: “Cadaquén fala coma quen é. Reflexións verbo da fraseoloxía enxebre”. Discurso de ingreso do profesor Ferro Ruibal na Real Academia Galega o 4 de maio de 1996.

- Ferro Ruibal, Xesús: “Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 179-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Goce Denis, Amparo: “Parucadas: un ‘dialecto’ vivo nacido en Baiona”. Bitácora no enderezo de Internet http://parucadas.blogspot.com/

- Graña Núñez, Xosé: Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Ir Indo Edicións, Vigo, 1993

- Hermida Alonso, Anxos: “Fraseoloxía de Matamá (Vigo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 11, 2009, páxs. 283-304. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Irmandades da Fala: Vocabulario Castellano-Gallego de las Irmandades da Fala. Imprenta Moret-Galera, 48, A Coruña 1933.

- López Barreiro, Margarita: “Frases feitas do Cachafeiro (Forcarei)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 317-327. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Lugrís Freire, Manuel: Gramática do idioma galego (2ª edición, corrixida e aumentada). A Coruña, Imprenta Moret (Galera, 48), 1931.

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “O labor de fraseógrafo de Manuel Leiras Pulpeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 59-77. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “120 locucións verbais galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, páxs. 373-386. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Pereda Álvarez, José María: Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega. Publicado en 1953. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

- Zamora Mosquera, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Ed. Galaxia, 1972, Vigo.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Guillerme Sendín

E non haberá maneira de consegui-lo diccionario Cumio de frases feitas que fixera este home, verdade?

1 xosé ant. pena

Hoxe en día non cho recomendaría. Está moi superado (pasaron case 20 anos). En todo caso, e mentres ningunha editorial queira publicar un traballo deste tipo, calquera consulta puntual intentaría resolvercha, se son quen de facelo. Un saúdo.