A Xunta pagou 7,2 millóns a La Voz de Galicia dende que goberna Núñez Feijóo

Unha investigación do GC e do Novas da Galiza revela todas as axudas aos editores de prensa dende que goberna o PPdeG. Hoxe debullamos os pagos o máis beneficiado, o Grupo Voz. Santiago Rey recibe case a metade dos pagamentos da Xunta aos xornais. En menos de tres anos van máis de sete millóns, un 65% deses cartos sen concurso público.

Por Walter Burns (GC) e Hilda Carvalho (NdGZ) | O Irixo | 13/02/2012 | Actualizada ás 07:50

Comparte esta noticia

O Grupo Voz suma 7.266.864 euros en pagamentos da Xunta dende que goberna Alberto Núñez Feijóo, publicidade á marxe. O empresario Santiago Rey, dono de La Voz, recibiu máis do 40 por cento dos cartos que o Goberno reparte entre os editores de prensa galegos. As axudas a La Voz a través do DOG no supoñen nin o 35% de todo o cobrado en Sabón.

None

Estas son as principais conclusións dunha base de datos que o GC Plus e o Novas da Galiza publicarán este xoves. Como adianto dese informe sobre as axudas á prensa, GC publica os pagamentos a La Voz. Poden descargarse en formato para Openoffice, PDF e Microsoft Excel.

Rey carga contra as axudas á competencia

Santiago Rey publicou este domingo unha dura editorial na que carga contra unha Xunta que “apoya sin ningún tipo de explicación a empresas inviables e insolventes, dando oxígeno a experimentos quebrados, como sucede en la industria y en algunos medios de comunicación”.

Os datos proban que a rendibilidade do Grupo Voz tamén estaría en cuestión sen o volume de pagamentos que recibe dende San Caetano. A maioría destes cartos, o 65,3%, son a dedo. Recíbeos sen mediar concurso público no DOG que permita a concorrencia doutras cabeceiras.

None

Máis de 2 millóns en convenios a dedo

Por exemplo, no que vai de lexislatura La Voz recibiu 2,17 millóns en convenios. Os convenios son acordos bilaterais entre as consellerías e unha empresa. Non hai  publicidade nin competencia. A cantidade a entregar e o empresario favorecido depende unicamente do criterio de cada conselleiro.

Nesta lexislatura a Xunta firmou 21 convenios de colaboración co Grupo Voz. Normalmente os conselleiros reparten os convenios entre todos os grandes grupos para que ninguén se sinta discriminado. Con todo, hai casos de convenios unicamente para o diario da Coruña. Por exemplo, os 125.000 euros que lle pagou Educación por unha colección sobre as letras galegas. Todas as consellerías e varios departamentos menores (IGE, Augas de Galicia, etc.) firmaron convenios con esta cabeceira.

Dous millóns e medio para fomentar o galego

Dos 7,2 millóns pagados nesta lexislatura ao Grupo Voz, unicamente 2,5, menos do 35%, veñen das subvencións que publica o DOG todos os anos. Esas convocatorias son as únicas nas que hai criterios públicos e iguais para todos.

Cómpre ter en conta que o Goberno leva décadas publicando estas axudas para, entre outros fins, fomentar o galego na prensa. La Voz a penas publica na lingua propia fóra de Cultura e Opinión, como fan a práctica totalidade dos xornais beneficiados. Polo menos, ese diario é unha das poucas cabeceiras que respecta a lingua dos entrevistados, outros dos requisitos fixados no DOG.

Un sistema caciquil con décadas de historia

En 1996, nos tempos de Fraga, a revista Galicia Internacional publicou unha reportaxe similar a esta. Na portada, unha teta de vaca alimentaba unha muxidora automática cos logos de La Voz, Faro, etc. Chegou o bipartito e mantivo este reparto clientelar, co único avance de facilitar o acceso aos convenios e aos contratos unha vez asinados.

En definitiva, Feijóo non creou este sistema pero segue cebándoo en plena crise, violando o seu programa electoral e contradicindo o seu discurso a prol da austeridade no gasto.

O granxeiro é outro, pero a vaca (a Xunta), os tetos da muxidora (os grandes xornais) e, sobre todo o leite (os cartos dos galegos) son os mesmos que os da foto daquela portada de hai 16 anos.

Máis información sobre o resto de grupos o próximo xoves.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

15 Vigués

Máis vergoñento que La Voz de Galicia paréceme o Faro de Vigo e "La Opinión A Coruña", dirixidas polo ultradereitista e antigalego Isidoro Nicieza (asturiano de pro..). Eu non merco ningún xornal, para iso teño a rede, facede o mesmo e senón no bar tampouco o collades.

1 De Ayala

Como seguro no apoyarás a ningún medio en gallego. Sois así, todo la fuerza por la boca pero incapaces de cumplir gayeguiños

2 Vigués

Orneabas algo? Que saberás do que aporto ou aportei a algún medio galego? Agora mesmo non podo aportar porque o teu xefe eliminounos todos, sóache iso?

3 De Ayala

Orneas tu, que ni te das cuenta donde estás escribiendo esto.

4 Vigués

Non escribas en castrapo... anda, le e infórmate e logo fala. a ignorancia é moi atrevida.

14 xouba

hostia, non hai como o "libre mercado", o "non gasto público" e a "independencia" da prensa escrita que proclama a dereita....iso si, para os outros, non para o seu DOGA. É dicir, se non estiveran untados como están, esa empresa ía ao tacho.... menudos capitalistas de subvención pública.... Panda de ladruizas atrasados involucionistas... o monstro de Sabón

13 El PPresidente

¡Y lo que le seguiremos dando! La cálida y húmeda lengua de mi fiel Santiago le da tanto gustirrinín a ese apéndice mío, que no puedo negarle los dineros que bien merecidos se tiene.

12 xan soares

Valaí tedes un dos grandes alicerces dos sistema colonialista español en Galicia. Logo acontece que os galegos ata que non saen de Galicia non se decatan de que son galegos. Tampouco se decatan de que teñen un tesouro a coidar como é o seu idioma e a súa cultura e aprenden nun xornal en Castelán que para medrar hai que esquecer o seu idioma e deixalo só para as festas e a casa. Lamentable.

1 xan soares

deixade de culpar os galegos por votar polo PP, ou o PSOE. A Galicia rural é claramente de dereitas e non ten outra opción pola que votar xa que o sistema clientelar español non da a posibilidade de que medre ningunha outra alternativa. Un país serio ten que ter prensa libre. Ises subvencionadores profesionais son uns manipuladores da realidade e da vontade popular. Moitos galegos de cidade votan polo PSOE e non polo BNG alguén me explica por qué? Alguén pode pensar que o PSOE defende mellor a Galicia que o BNG? requerimos novas forzas políticas nacionalistas de dereita e de esquerda pero sen rematar co sistema de subvencións a prensa é imposible. A única pequena opción está na rede, en xornais coma o GC.

11 Antón

E ainda encima Santi Rey ten a pouca vergoña dar consellos para cadrar as contas e sair da crise, crise que a están a pagalas clases medias (a saber o que entenderás ese por clases medias). Crise culpa de macionalismos separatistas e especuladores, según él. Por certo entre os consellos nin pio de sobir impostos ós potentados, nin de loitar contra o fraude fiscal.