A Xunta pagou 7,2 millóns a La Voz de Galicia dende que goberna Núñez Feijóo

Unha investigación do GC e do Novas da Galiza revela todas as axudas aos editores de prensa dende que goberna o PPdeG. Hoxe debullamos os pagos o máis beneficiado, o Grupo Voz. Santiago Rey recibe case a metade dos pagamentos da Xunta aos xornais. En menos de tres anos van máis de sete millóns, un 65% deses cartos sen concurso público.

Por Walter Burns (GC) e Hilda Carvalho (NdGZ) | O Irixo | 13/02/2012 | Actualizada ás 07:50

Comparte esta noticia

O Grupo Voz suma 7.266.864 euros en pagamentos da Xunta dende que goberna Alberto Núñez Feijóo, publicidade á marxe. O empresario Santiago Rey, dono de La Voz, recibiu máis do 40 por cento dos cartos que o Goberno reparte entre os editores de prensa galegos. As axudas a La Voz a través do DOG no supoñen nin o 35% de todo o cobrado en Sabón.

None

Estas son as principais conclusións dunha base de datos que o GC Plus e o Novas da Galiza publicarán este xoves. Como adianto dese informe sobre as axudas á prensa, GC publica os pagamentos a La Voz. Poden descargarse en formato para Openoffice, PDF e Microsoft Excel.

Rey carga contra as axudas á competencia

Santiago Rey publicou este domingo unha dura editorial na que carga contra unha Xunta que “apoya sin ningún tipo de explicación a empresas inviables e insolventes, dando oxígeno a experimentos quebrados, como sucede en la industria y en algunos medios de comunicación”.

Os datos proban que a rendibilidade do Grupo Voz tamén estaría en cuestión sen o volume de pagamentos que recibe dende San Caetano. A maioría destes cartos, o 65,3%, son a dedo. Recíbeos sen mediar concurso público no DOG que permita a concorrencia doutras cabeceiras.

None

Máis de 2 millóns en convenios a dedo

Por exemplo, no que vai de lexislatura La Voz recibiu 2,17 millóns en convenios. Os convenios son acordos bilaterais entre as consellerías e unha empresa. Non hai  publicidade nin competencia. A cantidade a entregar e o empresario favorecido depende unicamente do criterio de cada conselleiro.

Nesta lexislatura a Xunta firmou 21 convenios de colaboración co Grupo Voz. Normalmente os conselleiros reparten os convenios entre todos os grandes grupos para que ninguén se sinta discriminado. Con todo, hai casos de convenios unicamente para o diario da Coruña. Por exemplo, os 125.000 euros que lle pagou Educación por unha colección sobre as letras galegas. Todas as consellerías e varios departamentos menores (IGE, Augas de Galicia, etc.) firmaron convenios con esta cabeceira.

Dous millóns e medio para fomentar o galego

Dos 7,2 millóns pagados nesta lexislatura ao Grupo Voz, unicamente 2,5, menos do 35%, veñen das subvencións que publica o DOG todos os anos. Esas convocatorias son as únicas nas que hai criterios públicos e iguais para todos.

Cómpre ter en conta que o Goberno leva décadas publicando estas axudas para, entre outros fins, fomentar o galego na prensa. La Voz a penas publica na lingua propia fóra de Cultura e Opinión, como fan a práctica totalidade dos xornais beneficiados. Polo menos, ese diario é unha das poucas cabeceiras que respecta a lingua dos entrevistados, outros dos requisitos fixados no DOG.

Un sistema caciquil con décadas de historia

En 1996, nos tempos de Fraga, a revista Galicia Internacional publicou unha reportaxe similar a esta. Na portada, unha teta de vaca alimentaba unha muxidora automática cos logos de La Voz, Faro, etc. Chegou o bipartito e mantivo este reparto clientelar, co único avance de facilitar o acceso aos convenios e aos contratos unha vez asinados.

En definitiva, Feijóo non creou este sistema pero segue cebándoo en plena crise, violando o seu programa electoral e contradicindo o seu discurso a prol da austeridade no gasto.

O granxeiro é outro, pero a vaca (a Xunta), os tetos da muxidora (os grandes xornais) e, sobre todo o leite (os cartos dos galegos) son os mesmos que os da foto daquela portada de hai 16 anos.

Máis información sobre o resto de grupos o próximo xoves.

None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 69 comentarios

5 Meendinho

Os bos e xenerosos temos que apoiar a medios en galego valentes e comprometidos como o NdeGZ e o GC. Senon dun lado teremos a Santi dándonos lección de austeridade e doutro a Sermóns GZ dándonos lección de purismo ideolóxico. Hoxe é o primeiro día dun camiño cheo de ilusión.

1 CASTELAN

Penso que é igual, agas o final. Dame o mesmo si son Comunistas SERMOS GALIZA, de dereitas GALICIA HOXE, o importante é que morra de unha vez e para sermpre a dependencia que ten esta sociedade para con o Castelan.

4 Carlos

O presidente de la voz escribe hoxe un dos seus "magnificos" editoriais.... e esta vez que razon que ten: "Si están buscando realmente dónde ahorrar los 40.000 millones que hacen falta para arreglar las cuentas públicas -es decir: rebajar el déficit y pagar los altos intereses que fijan los gigantes de la especulación financiera internacional- es en esa partida de gastos superfluos donde hay que entrar a saco, y no en el bolsillo de los consumidores."

1 Akribéstaton

Outro complexado. Críticas genéricas como essa estão amortizadas. Populismo barato.

3 Faneca_do_grove

Por certo, sorprendeume o editorial de Santi King de onte domingo atizando ao PP. Por unha vez estou dacordo con King.

1 Koblev

Acabas de retratar perfectamente aos irmandiños. Moita boquilla de que se medios en galego e tal, pero ao final ao kiosko a comprar La Vozorrona. E aos medios en galego (os realmente comprometidos co país) nin un peso. No fondo, españolistas.

2 Carlos

Non hai que ser tan radicais, podese estar dacordo co artigo e non ser un suscriptor de la coz nin moito menos....

3 anton

koblev, acabas de retratar perfectamente o pensamento sectario, fascista e traidor da UPG. Porque comento que me sorprendeu que onte o manipulador de Santi King lle dera caña ao goberno do PP na Xunta, xa me asimilas aos irmandiños cando non teño que ver nada con esa xente e chamanos a todos españolistas. SEC-TA-RI-OS. Dade a cara ante a sociedade galega sinvergonzas.

4 Akribéstaton

Alguns estão abduzidos por LVG (quer dizer: pelo poder). Ainda não sabeis o jogo de LVG? Todo é estratégia: para que seu apoio ao PP seja mais efectivo têm que dar a aparência de neutralidade. Eu não li, mas aposto a que todas as críticas são genéricas ou sobre assuntos menores, ou mesmo pela sua falta de "radicalidade". E nesse jogo entram tanto o de +G, como os do Beiras e os da UPG.

2 Raul

Outros tanto (7 millóns por ano) leva Santiago Rey de Televisión de Galicia. E despois ainda ten cara de peedir que pechen os medios públicos. Hai que ser sinvergonza.

1 Daniel La Coruña

Si los cobra será a cambio de hacer algo, non como estos medios tan independientes, que no hacen nada productivo.

2 Carlos

Dani mira que cediño é e xa dicindo parvadas.... vai descansar o pelouro machiño.

1 Daniel La Coruña

Envidia cochina. El problema de los medios en gallego es que nos os lee ni vuestra abuela. Por eso el gobierno no os ayuda y teneis que andarnos pidiendo dinero a los lectores. Pues conmigo no conteis. Ya hago suficiente entrando aquí.

1 un da mariña

tas enfermo, vaite mirar

2 ProGC

Encantame que os traballadores e redactores da Voz entren no GC a primeira hora dos luns para se informar.

3 Xanti

Mira turkito de pouca monta, de subencións vívese de fruta madre pero sen eles un morre. Buaaaaaa neno como está la ja de mi plas.