Por X.M. Fernández | Ourense | 14/06/2019 | Actualizada ás 16:20
A Consellería de Economía, Emprego e Industria inicia en Ourense a celebración dos espazos efémeros de emprendemento de economia social “ES-POP UP”. Entre o 13 e o 15 de xuño o parque Ribeira de Canedo da cidade de Ourense acollerá unha Mostra de Economía Social na que participarán oito proxectos empresariais.
O público vai atopar neste espazo comercial produtos de coiro, tapices decorativos, prendas de roupa e servizos especializados como consellos sobre interiorismo ou consultas sobre sustentabilidade. Ademais, haberá diversas actividades paralelas de balde como obradoiros (de fotografía, escaparatismo, estampado con selos...), contacontos para os máis pequenos da man de Anxo Moure, e unha interesante actuación musical de Ari Magritette o sábado 15 ás 19:00 h. que clausurará o evento.
COMPROMISO COA ECONOMÍA SOCIAL
Coa celebración deste espazo comercial de emprendemento, a Consellería de Economía, Emprego e Industria avanza na súa aposta de apoiar os proxectos e empresas galegas de economía social.
O obxectivo de ES-POP UP é crear un espazo comercial aberto, no que poidan participar siumultáneamente varios proxectos de forma que atraia un maior fluxo de persoas, achegando a economía social á cidadanía.
ES-POP UP enmárcase no proxecto POCTEP LACES, confinanciado pola Unión Europea a través do FEDER e liderado pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía Emprego e Industria da la Xunta de Galicia.
PROXECTOS PARTICIPANTES NESTA MOSTRA
Roundie & Colours, adicado á fabricación de tapices en textil
Triquels, consultora de sustentabilidade
Amorote printing workshop, deseño de estampación de prendas con motivos inspirados na cultura galega.
Trigo y Limpio traballa na recuperación do rural galego mediante o cultivo da variedade trigo callobre.
Cosmética Deportiva, produtos para deportistas.
Pequeños Círculos, confección de roupa infantil.
Maripapoula, deseño de xerseis.
Spacio B, de interiorismo.
Os detalles dos proxectos que van participar poden consultarse na web www.espopup.com
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.