Lores colle de novo o mando de Pontevedra entre protestas de traballadores de Ence

Defende a necesidade de "adaptarse aos cambios" e "avanzar", e asegura que o traslado de Celulosa (Ence) "aínda está pendente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2019 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

Miguel Anxo Fernández Lores foi investido este sábado por sexta vez alcalde de Pontevedra con 14 votos a favor, os do BNG e do PSOE, fóra dunha concelleira nacionalista que admitiu (entre risas) equivocarse e votar en branco, mentres que os edís do PP votaron en contra e o de Ciudadanos, en branco.

Lores colle o bastón de mando
Lores colle o bastón de mando | Fonte: Europa Press

O xa alcalde da capital pontevedresa defendeu no seu primeiro discurso deste mandato a necesidade de "adaptarse aos cambios" e "avanzar", polo que se referiu á situación de Ence cando sinalou que Pontevedra "superou as peores consecuencias dunha industrialización tardía".

"En Pontevedra, malia empezar máis tarde e ter aínda pendente o traslado da Celulosa, o proceso de tránsito a unha cidade postindustrial de alta calidade acabou con moito éxito xa hai algún tempo", destacou Lores, a pesar de que á súa entrada foi increpado a berros por un grupo de medio centenar de traballadores de Ence.

Para el, xa se acabaron os tempos de "máis e máis industria a calquera prezo", e agora é o momento dunha "mellor industria" que sexa "menos contaminante" e situada "lonxe das zonas residenciais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta