Galicia aumentou en abril un 5% a súa facturación no sector servizos en comparación con 2018

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/06/2019 | Actualizada ás 11:43

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou o pasado mes de abril un incremento do 5% na súa cifra de negocios no sector servizos en relación ao mesmo mes de 2018, mentres que a ocupación aumentou un 1,9%, segundo os datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística.

De media no que vai de ano, ata abril, a facturación na comunidade galega do sector servizos acumula un incremento do 6,1%. Mentres, o emprego rexistra de media no que vai de 2018 un ascenso do 2,3%, por encima da media nacional, que se sitúa nos dous puntos e un aumento do 0,1% en comparación co mes de marzo.

O aumento a nivel estatal na cifra de negocios foi superior ao galego, cun 6,2% en comparación co mesmo mes de 2018.

O pasado mes de abril todas as comunidades autónomas presentaron avances interanuais na cifra de negocios do sector servizos. Os aumentos máis importantes rexistráronse en Andalucía (+9,2%) e Estremadura (+9,1%), mentres que os menores déronse en Canarias (+3,5%), Castela-A Mancha (+3,9%) e A Rioxa (+4,4%).

Galicia aumentou en abril un 5% a súa cifra de negocios no sector servizos en comparación con 2018. EPDATA - EUROPA PRESS
Galicia aumentou en abril un 5% a súa cifra de negocios no sector servizos en comparación con 2018. EPDATA - EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta